Antonio de la Iglesia
Antonio María de la Iglesia González, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1822 e finado na Coruña en 1892, foi un escritor galego, fundamental no comezo do rexurdimento.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1822 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1892 (69/70 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | Francisco María de la Iglesia Benigno de la Iglesia González |
Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:2, p.233-234) |
Traxectoria
editarCursou Latín e Humanidades en Compostela e seguiu estudos de Maxisterio na Escuela Normal Central de Madrid. Posteriormente foi o primeiro director da Normal de Santiago. Máis adiante foi inspector de escolas e catedrático de Retórica e Poética do instituto da Coruña.
Colaborou en La Aurora de Galicia, Revista de Galicia e El Fomento de Galicia; foi editor de Galicia. Revista Universal de este Reino (1861-1865), dirixida polo seu irmán Francisco María de la Iglesia, onde apareceron os dous traballos seus de maior mérito, "Reseña stórica de Galicia" (1861) no que enxalza o valor dos galegos na Guerra da Independencia contra os franceses,[2] primeiro texto en galego desta materia, e Diccionario gallego-castellano (1863), primeira recompilación lexicográfica galega que o seu autor, Francisco Javier Rodríguez Gil, deixara manuscrita sen ordenar.[3] Foi redactor do Diario de La Coruña. Tamén colaborou en El Anunciador e en El Heraldo Gallego.
Foi o organizador dos Xogos Florais da Coruña de 1861 e compilador do Álbum de la Caridad (1862), onde se recollían as composicións dos poetas participantes. Foi o autor da antoloxía El idioma gallego, su antigüedad y vida (1886), en tres tomos, onde da a coñecer mostras dos cancioneiros medievais, incluíndo composicións tomadas do Cancioneiro da Biblioteca Vaticana publicado en Portugal en 1878 por Teófilo Braga.[3] Escribiu tamén diversos poemas en galego recollidos na prensa desde 1857 e algúns contos publicados a partir de 1888, relatos breves baseados, moitos deles, na literatura popular de transmisión oral ("O convite dun raposo", "A rejuba de San Lorenzo", "Os aparecidos"...).[2]
Desenvolveu tamén un longo traballo de investigación sobre o patrimonio arquitectónico e arqueolóxico de Galicia, en especial das Mariñas coruñesas e da cidade de Santiago de Compostela, e do contexto histórico no que foi creado, que foi dando ao público publicado en artigos na prensa rexional, aínda que moito daquel material recollido permanece inédito hoxe.
Ocupou praza na Comisión Provincial de Monumentos, que, por iniciativa súa, entendeu nos procesos de desaparición de diversos edificios de mérito, deixando constancia documental e gráfica da súa historia.
Biblioteca virtual
editarNotas
editar- ↑ Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia.
- ↑ 2,0 2,1 Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). A Nosa Terra. p. 161. ISBN 84-95350-79-3.
- ↑ 3,0 3,1 Dobarro Paz, Xosé María: "Iglesia González, Antonio de la" in Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio de la Iglesia |
Bibliografía
editar- Saurín de la Iglesia, María Rosa (2003). Antonio, Francisco y Benigno de la Iglesia. Una biografía intelectual. Santiago de Compostela: IEGPS. ISBN 84-00-08170-6.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- El idioma gallego: su antigüedad y vida en Galiciana. Biblioteca de Galicia.