José Juan Pérez Gómez

xornalista e escritor galego

José Juan Pérez Gómez, coñecido como Caramiñas, nado na Pobra do Caramiñal o 13 de xaneiro de 1891 e finado en Buenos Aires en 1947, foi un xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaJosé Juan Pérez Gómez
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1891 Editar o valor en Wikidata
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor en Wikidata
Morte1947 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAntonio Pérez Gómez Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1780725 BUSC: perez-gomez-jose-j-1894-1947

Traxectoria

editar

Foi fillo de Santiago Pérez e irmán de Antonio Pérez Gómez. Tiña unha imprenta na rúa Gasset da Pobra do Caramiñal que ardeu en outubro de 1917.[1] Administrador da imprenta dos sucesores de Vicente García Millán, en 1919 publicou o poemario Sonatas.

Emigrou a América e recorreu varios países. Colaborou en La Gaceta de Nova York, da que chegou a ser director en 1921. De regreso a España, colaborou en Galicia. Diario de Vigo, Vida Gallega, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, El Progreso, El Imparcial e El Sol. En 1925 era propietario da empresa de ómnibus Castelo, que comunicaba a Pobra e Noia, mais foi suprimida en xuño dese ano.[2]. Entre 1935 e 1936 administrou a liña de transporte entre a Pobra e Noia. Ao rematar a Guerra Civil exiliouse na Arxentina, onde sobreviviu con moitas dificultades económicas. En Buenos Aires publicou libros divulgativos baixo o pseudónimo José Barbanza na editorial Atlántica, que dirixía Rafael Dieste. Tamén publicou a novela Margarita de Asís.

  • Sonata (versos). Poesías recuperadas. Artigos, Concello da Pobra (2006).
  1. El Eco de Santiago, 16-10-1917, p. 2.
  2. El Orzán, 17-6-1925, p. 2.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar