Vida Gallega
Vida Gallega foi unha revista mensual gráfica que fundou Jaime Solá en Vigo. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números.
Vida Gallega | |
---|---|
País | España |
Lugar | Vigo |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1909 |
Descrito por | Diccionario enciclopédico galego universal, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
Circulación | |
ISSN | 9958-9028 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarApareceu co carácter de "ilustración regional" e co afán de dotar a Galicia dunha revista gráfica de prestixio e calidade. As súas páxinas centrais impresas en ocogravado foron unha crónica do acontecer diario da vida galega, con abundante material gráfico, especialmente do propio Jaime Solá, e de Xosé Gil, o seu primeiro director artístico. Colaboraron tamén os máis sinalados fotógrafos das cidades, retratistas das vilas e afeccionados á fotografía.[1] Na revista apareceron os máis importantes acontecementos sociais e políticos que se sucederon en Galicia e nas comunidades de emigrantes galegos (Portugal, Madrid, Suramérica). Entre os seus colaboradores estiveron Eduardo Padín cos seus debuxos (foi subdirector entre 1924 e 1927) e Manuel Lustres Rivas.
Tivo unha segunda época entre 1954 e 1963 cando Xosé Iglesias Presa adquiriu a revista. Nesta etapa editáronse 77 números e estivo dirixida por Fabriciano Fernández Serra. A fins de 1956 a sede trasladouse á cidade de Lugo.
Notas
editar- ↑ Ribao Fernández, Roberto (2007) A fotografía na revista Vida Gallega: un silandeiro universo de sentido Arquivado 13 de decembro de 2013 en Wayback Machine. USC.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vida Gallega |
Bibliografía
editar- "Vida Gallega". Diccionario enciclopédico galego universal 59. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 59. ISBN 84-7680-429-6.
- "Vida Gallega". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. 1999-2002. p. 345. ISBN 84-7680-288-9.
- "Vida Gallega". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 488–489. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Galicia anos 50. Un país retratado nas páxinas de Vida GallegaArquivado 10 de agosto de 2007 en Wayback Machine. Alvarellos Editora.