Autobús

vehículo para o transporte de persoas
(Redirección desde «Ómnibus»)

O autobús[1] (comunmente abreviado como bus[2]) ou coche de liña[3] é un vehículo terrestre deseñado para o transporte de persoas. A súa capacidade pode variar entre 10 e 120 pasaxeiros, e nos casos dos autobuses articulados poden pasar dos 200, e polo xeral úsanse nos servizos de transporte público urbano e interurbano, e con traxecto fixo. De non ter traxecto fixo tamén se pode denominar autocar e o de gran capacidade coñécese como ómnibus.

Ómnibus modelo Alexander Dennis Enviro400.
Primeiro autobús de gasolina do mundo, o Benz-Omnibus, 1895.

Variantes editar

O autobús adoita ter motor de combustión interna, pero existen outras variantes minoritarias:

  • Autobús eléctrico. Empregan unha fonte eléctrica principalmente baseada en baterías de diferentes tipos.
  • Autobús guiado. O vehículo dispón dunhas pequenas rodas horizontais paralelas aos pneumáticos que se encaixan nos topes laterais e o guían.
  • Orientación óptica. Utiliza marcas pintadas no chan e un sistema óptico (láser ou visión artificial).[4]
  • Autobús expreso. Consta de carrís exclusivos e un autobús articulado con portas a ambos lados e accesibles só dende as estacións.

Notas editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.