4 de xaneiro
data
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 4 de xaneiro é o 4º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 361 días para finalizar o ano, 362 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 275 - en Roma, Eutiquiano sucede a Fiz I como papa.
- 1427 - O Papa Martín V nomea de por vida, "quoad vixerit", prior maior de tód
- olos conventos reformados de España a Frei Alvaro de Córdoba.
- 1493 - Cristovo Colón inicia a súa viaxe de regreso a España dende a illa Española (Santo Domingo).
- 1717 - Países Baixos, Inglaterra e Francia forman a Tripla Alianza.
- 1762 - Inglaterra declara a guerra a España e Nápoles.
- 1790 - As provincias belgas, excepto Luxemburgo, proclaman a súa independencia.
- 1805 - España e Francia firman un acordo de axuda militar e naval para invadir Gran Bretaña.
- 1812 - A vila de Tarifa repele e fai retroceder o exército francés do xeneral Leval.
- 1823 - O desbordamento do río Guadalquivir provoca a total inundación de Sevilla.
- 1833 - Fernando VII restablece a pragmática sanción que designa herdeira a súa filla Isabel en prexuízo do seu irmán Carlos.
- 1847 - Samuel Colt vende o seu primeiro revólver ó goberno dos Estados Unidos.
- 1857 - Inaugúrase en Barcelona o traxecto de ferrocarril entre Mataró e Arenys de Mar.
- 1870 - Aparece en Buenos Aires o xornal "La Nación", fundado por Bartolomé Mitre.
- 1874 - Levantamento republicano en Zaragoza a causa do golpe de Estado do xeneral Pavía.
- 1882 - Publícase o primeiro exemplar do xornal La Voz de Galicia.
- 1883 - Emítense as Ordenanzas que rexen o comercio de drogas, venda de pastas medicinais e o exercicio da profesión de boticario.
- 1885 - O doutor William Grant realiza a primeira apendicectomía con éxito.
- 1896 - Utah é admitido como o 45º estado dos Estados Unidos.
- 1900 - Celebrase en Valencia unha homenaxe a Emilia Pardo Bazán.
- 1904 - Créase en España o primeiro laboratorio de aeronáutica.
- 1904 - O presidente estadounidense Theodore Roosevelt, Jr. dirixe unha mensaxe ó Congreso sobor os feitos de Panamá.
- 1918 - Rusia recoñece a independencia de Finlandia.
- 1920 - Celébrase o día da lingua catalá, organizado en Barcelona pola asociación Nostra Parla.
- 1923 - Nun post scriptum ao seu "testamento", Lenin recomenda a destitución de Iosif Stalin.
- 1929 - As dúas Fundacións Rockefeller fúndense nunha, que se converte na organización filantrópica máis poderosa do mundo.
- 1932 - Gandhi é detido na India.
- 1936 - A revista neorquina The Billboard publica o primeiro hit parade do mundo.
- 1938 - Os británicos postergan un plan para a partición de Palestina.
- 1941 - A actriz cinematográfica alemá Marlene Dietrich obtén a nacionalidade norteamericana.
- 1946 - IBM Corp. doa a Franco 109 000 pesetas para que sexan repartidas entre as clases máis necesitadas.
- 1947 - Aparece o semanario político alemán Der Spiegel.
- 1948 - Birmania obtén a súa independencia do Reino Unido.
- 1951 - Guerra de Corea, as forzas comunistas reconquistan a cidade coreana de Seúl.
- 1954 - Elvis Aarón Presley grava o seu primeiro disco.
- 1956
- O satélite artificial soviético Sputnik 1 desintégrase na atmosfera.
- Edmund Percival Hillary alcanza o Polo Sur.
- 1959 - O vehículo espacial soviético Moon 1 é o primeiro que logra escapar da atracción terrestre.
- 1960 - Gran Bretaña, Suecia, Noruega, Dinamarca, Suíza, Austria e Portugal firman en Londres o tratado fundacional da Comunidade Europea de Libre Cambio (EFTA).
- 1963 - May-Britt Moser, neuróloga e psicóloga norueguesa, premio nobel de medicina de 2014.
- 1964 - O papa Paulo VI visita Xerusalén, onde se entrevista co Patriarca de Constantinopla e xefe da Igrexa Ortodoxa grega, Atenágoras.
- 1969 - Firma en Fez do tratado de retrocesión do territorio de Ifni de España a Marrocos.
- 1972 - Rose Heilbron convértese na primeira xuíza do Reino Unido.
- 1973 - Rouban do Museo de Belas Artes de Montreal obras por dous millóns de dólares, incluíndo un Rembrandt.
- 1976 - Celébranse manifestacións en Bilbao e Donosti para pedir a amnistía.
- 1977 - Lei sobre a reforma do Rexistro Civil en España, que permite a imposición de nomes, e a tradución dos xa rexistrados, a calquera das linguas do Estado.
- 1978 - Créase o Consello Xeral do País Vasco, con Jesús María de Leizaola como primeiro lendakari.
- 1978 - Apróbase por ampla maioría o referendo proposto polo Goberno de Augusto Pinochet que rexeita a "inxerencia estranxeira nos asuntos internos de Chile".
- 1979 - O Sha de Irán abandona Teherán camiño do exilio, e nomea a Bajtiar xefe do Goberno.
- 1980 - Jimmy Carter anuncia o boicot dos Xogos Olímpicos de Moscova.
- 1981 - A policía británica detén a Peter Sutcliffe por considera-lo sospeitoso de se-lo "destripador de Yorkshire".
- 1983 - Vaga de atentados contra as posicións soviéticas en Cabul. 30 oficiais afgáns asasinados polos seus propios soldados.
- 1984 - Israel bombardea o Líbano causando máis de 100 mortos e 400 feridos na rexión de Baalbek.
- 1986 - Un morto, 5 hospitalizados e outras 70 persoas afectadas por unha explosión tras o escape de 12,6 toneladas de hexafluoruro de uranio nunha planta de Oklahoma (Estados Unidos).
- 1989 - George H. W. Bush proclámase 41º presidente dos EUA.
- 1990 - En Londres nace un neno tras unha operación cardíaca realizada con éxito no ventre da súa nai.
- 1992 - George H. W. Bush anuncia a fin do embargo imposto a Camboxa durante 17 anos.
- 1993 - Daniel Arap Moi é investido presidente de Kenya, tras ser reelixido nas primeiras eleccións multipartidistas en 26 anos, celebradas o 29 de decembro anterior.
- 1996 - Tras un acareo con Barrionuevo, Damborenea afirma que o exministro do Interior asistiu a reunión que deseñou a estratexia dos GAL.
- 1999 - Inaugúrase o derradeiro tramo, de 650 quilómetros, do ferrocarril amazónico que une Brasil e Bolivia.
- 2006 - Evo Morales, presidente de Bolivia, vén de visita oficial a España para entrevistarse con Zapatero.
Nacementos
editar- 1551 - Vicente Espinel, poeta e músico español
- 1643 - Isaac Newton, físico e matemático inglés
- 1710 - Giovanni Battista Pergolesi, compositor italiano
- 1720 - Johann Friedrich Agricola, compositor alemán
- 1784 - François Rude, escultor francés
- 1785 - Jakob Grimm, filólogo alemán, un dos Irmáns Grimm
- 1809 - Louis Braille, mestre ideador do alfabeto braille
- 1813 - Sir Isaac Pitman, mestre e inventor británico
- 1822 - Georg Büchmann, filólogo alemán
- 1838 - Charles Stratton, director de cine estadounidense
- 1839 - Casimiro de Abreu, poeta brasileiro
- 1852 - Juan Guiteras Gener, médico cubano
- 1855 - François Rude, escultor francés
- 1857 - Pedro Aquilino López Medina, empresario colombiano
- 1874 - Josef Suk, compositor checo e pai do violinista Josef Suk.
- 1881 - Wilhelm Lehmbruck, escultor alemán
- 1882 - Ángel Barrios Fernández, "Polinario", músico e pintor español
- 1883 - Max Eastman, escritor de esquerdas estadounidense
- 1884 - Miguel Carlos Victorica, artista arxentino
- 1896 - Everett Dirksen, político americano
- 1896 - André Masson, pintor francés
- 1896 - Roberto Rossi, pintor arxentino
- 1904 - Cayetano Ordóñez Aguilera "Niño da Palma", toreiro español
- 1910 - Elixio Rodríguez, destacado galeguista. (m. 2007)
- 1912 - Celso Emilio Ferreiro, poeta galego. (m. 1979)
- 1912 - Felipe De la Fuente, pintor arxentino
- 1913 - Sixto Ríos García, matemático e académico español
- 1913 - Manuel Andújar, escritor español
- 1914 - Jane Wyman, actriz estadounidense
- 1915 - Robert Motherwell, pintor estadounidense
- 1921 - Friedrich Dürrenmatt, escritor suízo.
- 1922 - Alberto Iniesta Jiménez, bispo auxiliar de Madrid
- 1923 - Félix Alcalá Galiano, militar español
- 1928 - Juan Pérez Crusells, tenente xeneral
- 1929 - Pedro Bermejo Marín, embaixador de España en Chile
- 1929 - Pucho Boedo, cantante galego (m. 1986).
- 1929 - Antonio Barrera de Irimo, avogado, economista e exministro español
- 1929 - Juan Carlos Altavista, actor cómico arxentino
- 1930 - Manuel Alcaide Alonso, maxistrado español
- 1930 - Barbara Rush, actriz norteamericana
- 1932 - Carlos Saura, director de cine español
- 1934 - Rudolf Schuster, presidente de Eslovaquia
- 1935 - Floyd Patterson, boxeador estadounidense
- 1937 - Dyan Cannon, actriz estadounidense
- 1940 - Helmut Jahn, arquitecto alemán
- 1940 - Gao Xingjian, escritor chinés, Premio Nobel de Literatura
- 1940 - Guillermo Medina, periodista español
- 1940 - Brian David Josephson, físico británico
- 1942 - John Mclaughlin, guitarrista, músico e compositor británico
- 1943 - Doris Kearns Goodwin, escritor estadounidense
- 1943 - Jesús Torbado, escritor e xornalista español
- 1943 - Alberto Iniesta, bispo español
- 1943 - Betty Elizalde, xornalista e locutora de radio arxentina
- 1946 - Arthur Conley, músico e cantante estadounidense
- 1948 - Margaret Marsall, soprano escocesa
- 1951 - Sergio Moreno Monrove, político español
- 1952 - Ana Romero Masiá, historiadora e profesora galega
- 1953 - Norberto Osvaldo Alonso, futbolista arxentino
- 1955 - Mark Hollis, músico australiano
- 1956 - Bernard Summer, músico inglés
- 1960 - Michael Stipe, cantante de R.E.M.
- 1964 - Guy Forget, tenista francés
- 1964 - Guillermo Asensio, futbolista español
- 1965 - Julia Ormond, actriz británica
- 1969 - Julio Aparicio, toureiro español
- 1969 - Rosa Enríquez, escritora galega
- 1972 - Laia Marull, actriz española
- 1974 - Fernando Sanz, futbolista español
- 1974 - Tayda Lebon, modelo brasileira
Mortes
editar- 41 - Caio César Augusto Xermánico, Calígula, emperador romano.
- 362 - Santa Dafrosa, relixiosa mártir española.
- 749 - San Rigoberto, arcebispo de Rheims.
- 1248 - Rei Sancho II de Portugal.
- 1624 - Vicente Espinel, escritor e músico español.
- 1742 - Edmund Halley, astrónomo británico.
- 1761 - Stephen Hales, fisiólogo británico.
- 1782 - Jacques Ange Gabriel, arquitecto francés.
- 1786 - Moisés Mendelsohn, filósofo xudeu da Ilustración.
- 1804 - Charlotte Lennox, escritora e poeta inglesa.
- 1831 - James Monroe, presidente dos Estados Unidos.
- 1864 - Pascual Bravo Echeverri, escritor e militar colombiano.
- 1877 - Cornelius Vanderbilt, empresario estadounidense.
- 1896 - Joseph Hubert Reinkens, bispo alemán.
- 1897 - César Cisneros Luces, xornalista e escritor galego (n. 1849).
- 1913 - Alfred von Schlieffen, mariscal prusiano.
- 1920 - Benito Pérez Galdós, novelista español.
- 1922 - Xosé Cerviño García, canteiro e escultor, autor do cruceiro do Hío.
- 1940 - Manuel González García, bispo español, fundador das Misioneiras Eucarísticas de Nazaret.
- 1941 - Henri Bergson, filósofo francés.
- 1944 - Kaj Munk, autor teatral e clérigo danés.
- 1960 - Albert Camus, escritor e filósofo francés, Premio Nobel 1957.
- 1961 - Erwin Schrödinger, físico austríaco.
- 1961 - Barry Fitzgerald, actor irlandés.
- 1965 - Thomas Stearns Eliot, poeta, dramaturgo e crítico literario estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1948 (n. 1888).
- 1966 - Cees Rinks de Boer, arquitecto holandés.
- 1967 - Donald Campbell, piloto de carreiras de automóbiles e embarcacións británico.
- 1979 - Serafín Adame, xornalista e escritor español.
- 1980 - Anita Payro, pintora arxentina.
- 1986 - Christopher Isherwood, escritor anglo-estadounidense.
- 1986 - Phil Lynott, músico inglés.
- 1990 - Alberto Lleras Camargo, expresidente de Colombia (n. 1906).
- 1996 - Tino Bianchi, actor italiano.
- 1998 - Mae Questel, actriz estadounidense.
- 1998 - Francisco Rodrigo, poeta e político filipino.
- 1998 - Ariel Henrìquez Castillo, músico, compositor e cantante colombiano.
- 1998 - Carlo Ludovico Bragaglia, cineasta italiano.
- 1999 - José Vela Zanetti, pintor e académico español.
- 1999 - Iron Eyes Cody, actor estadounidense.
- 2000 - José Antonio Fernández Ordóñez, enxeñeiro e arquitecto español.
- 2002 - Esquivel, músico mexicano.
- 2015 - Carmen Pérez Navazal, labrega e vocalista galega (n. 1925).
- 2021 - José Lamela Bautista, historiador, escritor, xornalista, político e enxeñeiro industrial galego (n. 1947).
- 2021 – Tanya Roberts, actriz estadounidense (n. 1955).
Festas e celebracións
editar- Día Mundial do braille, en conmemoración do nacemento en 1809 do seu creador, Louis Braille.
Outros
editar- Santoral: Santos Roberto, Isabel Seton, Benita, Ánxela de Foligno, Dafrosa, Benedicta e Elsa (Virxes); Casimiro (Confesor); Lucio I (Papa); Basilio, Uxio, Agatodoro, Eterio e Capión (Bispos de Lugo); Elpidio, Efrén, Nestor e Arcadio (Bispos); Caio, Roger, Aquilino, Tito, Gregorio, Cirilo, Focio, Hermetes,Prisciliano, Ageo, Maiulo, Gémino, Marciano, Trifón, Quinto. Teodoto, Rigoberto, Aquelao, Cadrado, Acacio e Quirino (Mártires); Adrián (Bispo e Mártir); Beata Xenoveva Torres Morales (fundadora do Instituto de Relixiosas. Anxélicas).