Río Guadalquivir

río en Andalucía

O río Guadalquivir é un río andaluz. O seu nome procede do árabe wadi al-Kabir ("río grande"), chamado Betis (Baetis) desde a era prerromana ata a invasión árabe.

Río Guadalquivir
PaísEspaña
Lonxitude657 km
Conca59.978 km²
Caudal medio164,3 m³/s (ao seu paso por Sevilla)
DesembocaduraOcéano Atlántico
Situación do Guadalquivir.
Río Guadalquivir ao seu paso por Córdoba.

Percorrido editar

Nace no concello de Quesada, na serra de Cazorla, na provincia de Xaén, e desemboca en Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) no océano Atlántico, pasando polas cidades de Sevilla e Córdoba. A súa lonxitude é de 657 km. É navegable desde a súa foz ata Sevilla, uns 80 km aproximadamente. Desde esta cidade ata o mar esténdese unha ampla chaira, coñecida como as marismas do Guadalquivir.

O Guadalquivir é o único río de España con tráfico fluvial significativo. Na actualidade só é navegable ata Sevilla. En tempos dos romanos era navegable ata Córdoba e mesmo ata Andújar. As augas do Guadalquivir viron pasar algunhas das civilizacións que determinaron o curso histórico da Península Ibérica, como os fenicios, tartessos, iberos, romanos ou árabes.

Afluentes editar

Pola beira esquerda: Guadiana Menor, Guadalbullón, Guadajoz, Genil, Corbones, Guadaira.

Pola beira dereita: Guadalimar, Jándula, Yeguas, Guadalmellato, Guadiato, Bembézar, Viar, Rivera de Huelva, e Guadiamar.

Localidades importantes nas beiras editar

Provincia de Xaén: Mengíbar, Villanueva de la Reina, Andújar, Marmolejo e Santo Tomé.

Provincia de Córdoba: Villa del Río, Montoro, El Carpio, Córdoba e Palma del Río.

Provincia de Sevilla: Peñaflor, Lora del Río, Villaverde del Río, Brenes, Alcalá del Río, La Rinconada, La Algaba, Camas, Sevilla, San Juan de Aznalfarache, Gelves, Coria del Río e La Puebla del Río.

Provincia de Cádiz: Sanlúcar de Barrameda e Trebujena.

Protección medioambiental editar

Na cabeceira da conca do Guadalviquir sitúase o Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas, nas que o río percorre uns 50 km, pero encadra ademais os vales altos doutros afluentes. No estuario da desembocadura, está asentado, en parte, o Parque nacional de Doñana.

Outros editar

Na década dos 2020 a necesidade de auga para regadío fai que a profundidade a que se está a perforar pozos no val supere os 100 m, atopándose ás veces con bolsas de gas natural.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Ostos, Rosario (2023-06-15). "Un géiser de fuego lleva 15 días ardiendo en Fuente Carreteros y nadie sabe cuándo se apagará". Cordópolis (en castelán). Consultado o 2023-06-15. 

Véxase tamén editar