Manuel Pavía
Manuel Pavía y Rodríguez de Alburquerque, nado en Cádiz o 2 de agosto de 1827 e finado en Madrid o 4 de xaneiro de 1895, foi un xeneral español autor do golpe de Estado que acabou coa Primeira República Española en 1874. Non debe ser confundido co xeneral Manuel Pavía y Lacy -como acontece, por exemplo, na novela de Ian Gibson "La berlina de Prim" onde de forma reiterada é cualificado como "o perdedor de Alcolea"-, marqués de Novaliches e xefe das tropas isabelinas derrotadas en Alcolea (1868). [1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Pavía y Rodríguez de Alburquerque 2 de agosto de 1827 Cádiz, España |
Morte | marzo de 1895 (67 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Justo de Madrid |
Gobernador de Porto Rico | |
1887 – | |
Capitán Xeral da I Rexión Militar | |
febreiro de 1885 – xaneiro de 1887 | |
Capitán xeneral de Cataluña | |
24 de xuño de 1880 – 17 de outubro de 1881 ← Luis de Prendergast y Gordon (en) – Luis de Prendergast y Gordon (en) → | |
Senador de España | |
5 de xaneiro de 1880 – 4 de xaneiro de 1895 Circunscrición electoral: senador vitalicio | |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | Terceira Guerra Carlista Golpe de Estado de Pavía |
Premios | |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarPavía ingresou na Escola Real de Artillaría de Segovia en 1841. Ascendeu a tenente en 1846, a capitán en 1855 e a maior en 1862. Tres anos máis tarde uniuse ó Xeneral Prim e tomou parte nos movementos revolucionarios de 1866, e tras dous anos de exilio, na Gloriosa de 1868 que destronou a raíña Isabel II. Non debe ser confundido este militar -como si acontece, por exemplo, na novela de Ian Gibson, "La berlina de Prim", onde reiteradamente é considerado "el perdedor de Alcolea"- con Manuel Pavía y Lacy, marqués de Novaliches, xefe das tropas fieis a Isabel II, derrotadas polo xeneral Serrano na batalla da ponte de Alcolea (1868). Durante a Primeira República combateu contra os carlistas en Navarra e contra os movementos cantonais en Andalucía. Sendo designado durante a presidencia de Emilio Castelar, Capitán Xeneral de Castela a Nova.
O 3 de xaneiro de 1874, cando Castelar perde unha moción de confianza, o xeneral Pavía enviou unha dotación ás Cortes, disolvéndoas e acabando co réxime parlamentario. Tras o golpe de Estado, Pavía convocou a todos os partidos políticos, coa excepción de cantonalistas e carlistas, para formar un goberno de concentración nacional, que deu o poder ó xeneral Serrano.
Durante o reinado de Afonso XII foi nomeado Capitán Xeneral de Cataluña, cargo que ostentou ata 1881
Lenda
editarA lenda conta que entrou no Congreso dos Deputados subido no seu cabalo, o cabalo de Pavía.
Notas
editar- ↑ Palomero Caro, Rafael i Pérez Rodríguez, Josep Maria: Histocard 2. Història contemporània de Catalunya i d'Espanya. Castellnou Edicions. Barcelona, abril del 2006. Col·lecció Minimanual, núm. 14. ISBN 84-9804-211-9. Plana 46.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Pavía |