Abrir o menú principal

Isabel II[1] de España ou de Borbón, nada en Madrid o 10 de outubro de 1830 e finada en París o 9 de abril de 1904, foi raíña de España dende 1833 até 1868.

Isabel II de España
Isabel de Borbón y Borbón-Dos Sicilias.jpg
Nome completoMaría Isabel Luisa de Borbón y Borbón Dos Sicilias
Nacemento10 de outubro de 1830
 Madrid
Falecemento9 de abril de 1904 e 10 de abril de 1904
 París
SoterradaCripta Real do Mosteiro do Escorial
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupacióngobernante
PaiFernando VII
NaiMaría Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
CónxuxeFrancisco de Asís de Borbón
FillosIsabel de Borbón y Borbón, Afonso XII de España, Maria de Pilar, Infanta de Espanha, Maria da Paz, Infanta de Espanha, Eulália, Fernando Francisco de Bourbon, Infante Francis of Assisi Leopold of Spain, Maria da Conceição de Bourbon e Maria Cristina de Bourbon (1854)
IrmánsAgustín Muñoz, Duque de Tarancón, Luísa Fernanda de Bourbon, Maria Amparo Muñoz e Bourbon e Infanta María Isabel Luisa of Spain
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Rosa de Ouro, Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus e Grã-Cruz da Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa
Isabella II signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Isabel II de España era filla do rei Fernando VII e da súa cuarta dona, a súa sobriña María Cristina de Borbón-Dos Sicilias, Isabel chegou ao trono o 29 de setembro de 1833, despois da morte do seu pai, cando tiña tres anos de idade. O nacemento de Isabel e a chegada ao trono supuxeron o inicio dun longo conflito na familia, pois o seu tío, Carlos María Isidro de Borbón, até entón herdeiro da coroa, non aceptou que Isabel fose nomeada Princesa de Asturias e máis tarde Raíña.

Nos primeiros anos de reinado, cando Isabel era nena, a súa nai asumiu o trono até 1840. Neste período tivo lugar a Primeira Guerra Carlista (1833 - 1840). Dende 1840 até 1843 foi rexente o xeneral Espartero, que finalmente foi obrigado a deixar a rexencia.

Aos trece anos, Isabel foi declarada maior de idade, e cando cumpriu os 16 anos, o goberno concertou o seu matrimonio co seu primo infante Francisco de Asís de Borbón.

Segundo Benito Pérez Galdós, Isabel odiaba ao seu marido, que segundo dicían era bisexual ou homosexual. A raíña dixo o seguinte na súa noite de vodas: "¿Que le diré de un hombre que llevaba en su camisón encajes como yo?". É moi posible que Isabel non tivera ningún fillo con Francisco, senón cos seus diversos amantes, entre eles Enrique Puig Moltó, a quen moitos ven como pai de Afonso XII.

Isabel tivo outros fillos como Isabel de Borbón e Borbón, coñecida como "La Chata", e a infanta Eulalia, moi criticada polas súas accións subidas de ton.

Isabel, denominada A raíña dos tristes destinos marchou a Francia en 1868, tralo triunfo da revolución coñecida como A Gloriosa, e en Francia deixou o trono para darlle paso ao seu fillo Afonso XII.

Isabel viviu até a súa morte en Francia, onde foi testemuña da Primeira República Española e do reinado e a morte do seu fillo Afonso. Foi soterrada no Mosteiro do Escorial xunto co seu marido en 1904.

ReinadoEditar

Isabel II reinou durante un período de transición en España. Na etapa na que reinou, moitas colonias españolas de Latinoamérica conseguiron a independencia. Moitas veces os políticos manipulábana, xa que interfería na política da nación.

Modernizou notablemente o país coa construción de liñas de ferrocarril, a apertura de universidades pechadas polo seu pai etc.

A política exterior foi frutífera durante a Unión Liberal (1858 - 1863), coa anexión de territorios de Marrocos, o recoñecemento da posesión de Guinea Ecuatorial, a conquista de Saigón, o mantemento en Cuba, Filipinas, as Carolinas, as Marianas etc.

NotasEditar