María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, nada en Palermo o 27 de abril de 1806 e finada en Sainte Adresse (Francia) o 22 de agosto de 1878, foi unha nobre italiana, raíña consorte de España polo seu matrimonio con Fernando VII e raíña rexente durante a minoría de idade de Isabel II.
María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de abril de 1806 |
Lugar de nacemento | Palermo |
Falecemento | 22 de agosto de 1878 |
Lugar de falecemento | O Havre |
Soterrada | Cripta Real do Mosteiro do Escorial |
Nacionalidade | Reino de Italia |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | política e monarca |
Pai | Francisco I das Duas Sicílias |
Nai | Maria Isabel de Bourbon |
Cónxuxe | Fernando VII e Agustín Fernando Muñoz |
Fillos | Isabel II de España, Luísa Fernanda de Bourbon, Agustín Muñoz, Duque de Tarancón, Antonio Muñoz y de Borbón, Maria Amparo Muñoz e Bourbon, Maria de los Milagros Muñoz y de Borbón, Marquesa de Castillejo, Fernando Muñoz, 2nd Duke of Tarancón, María Cristina Muñoz y Borbón, Juan Muñoz y de Borbón, Conde de Recuerdo e Jose Muñoz y de Borbón, Conde de Gracia |
Irmáns | Carolina de Nápoles e da Sicília, Luísa Carlota de Bourbon-Duas Sicilias, Fernando II das Duas Sicílias, Carlos Fernando de Bourbon-Duas Sicílias, Leopoldo de Bourbon-Duas Sicílias, Maria Antónia das Duas Sicílias, Antônio de Bourbon-Duas Sicílias, Maria Amália de Bourbon-Duas Sicílias, Maria Carolina de Bourbon-Duas Sicílias, Tareixa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, Luís Carlos de Bourbon-Duas Sicílias e Francisco de Bourbon-Duas Sicílias |
Premios | Grã-Cruz da Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Era filla de Francisco I Dúas Sicilias e de María Isabel de Borbón[1], e casou co seu tío, Fernando VII, en Aranjuez o 11 de decembro de 1829. Actuou como rexente durante a enfermidade e a morte do seu esposo, até que a súa filla Isabel acadase a maioría de idade e puidera chegar ao poder.
Para preservar os dereitos da súa filla ao trono de España, María Cristina apoiouse nos políticos liberais moderados, para facer fronte ao opositor da súa filla Carlos María Isidro de Borbón, que estaba apoiado polos sectores do absolutismo.
Na súa etapa de rexente, tivo que facer fronte á Primeira guerra carlista. Tratou de gobernar o país por medio dun Estatuto apoiándose na figura dun liberal moderado como Martínez de la Rosa, pero a insurrección de La Granja obrigouna a volver ao constitucionalismo. A súa política, hostil aos avances liberais, provocou un "descontento" na súa contra (1848) xustamente ao remate da Primeira Guerra Carlista. Ademais, durante a súa rexencia no 1833, disólvese a Xunta Superior do Reino de Galiza, dividindo a Galiza en catro provincias. Dende o seu cargo, mandou imprimir a Carta xeométrica de Galicia, que elaborara o xeógrafo Domingo Fontán.
Renunciou á rexencia e marchou a Francia, deixando en España as súas fillas (Isabel e Luísa Fernanda). Nese momento xa era de dominio público que, pouco despois de morrer Fernando VII, María Cristina casara en segredo (28 de decembro de 1833), en matrimonio morganático, co sarxento Agustín Fernando Muñoz, con quen tivo oito fillos desa relación, o que lle supuxo unha boa parte da súa impopularidade cando finalmente se fixo público.
Desde Francia, Cristina conspirou contra o xeneral Espartero e promoveu o levantamento frustrado de 1841. Coa caída de Espartero volveu a España, influíu na política do país e participou en negocios "sucios" que fixeron que o seu descrédito e o odio popular se estenderan.
Coa revolución de 1854 evitou o xuízo grazas á axuda de Espartero, que a permitiu fuxir. Dende aquel momento fixou a súa residencia en Sainte Adresse (Francia), onde morreu o 22 de agosto de 1878.
DescendenciaEditar
Do primeiro matrimonioEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Do segundo matrimonioEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
AntepasadosEditar
NotasEditar
- ↑ VV., AA. (1844). Vida militar y política de Espartero. Vol. I. Madrid: Imprenta de la sociedad de operarios del mismo arte. p. 96.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias |
BibliografíaEditar
- Villa-Urrutia (1925). La reina gobernadora, Doña María Cristina de Borbón. Madrid: Francisco Beltrán. Prólogo del Conde de Romanones.
- G. Rico, Eduardo (1994). María Cristina, la reina burguesa. Madrid: Planeta. ISBN 8408011871.
- Cifuentes, Paula (2020). María Cristina. Reina gobernadora. Madrid: Ariel. ISBN 8434432676.