Illas Marianas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2020.) |
As Illas Marianas son un exemplo clásico dun arco volcánico, unha cadea de montañas ou illas volcánicas en arco, localizadas en zonas de subdución de placas tectónicas, neste caso, na rexión do Océano Pacífico occidental onde a Placa do Pacífico se atopa coa Placa das Filipinas.
Mariana Islands | |
![]() Vista aérea da illa de Anatahan. | |
Localización das illas Marianas. | |
Situación | |
---|---|
País | ![]() |
Mar | Océano Pacífico e mar de Filipinas |
Coordenadas | 16°37′N 145°37′L / 16.617, -145.617Coordenadas: 16°37′N 145°37′L / 16.617, -145.617 |
Xeografía | |
Superficie | 1 026 km² km² |
Illas | Guam 549 km² Saipan 115,39 km² Tinian 101, 01 km² Rota 85,38 km² Pagan 47,23 km² Agrihan 43,51 km² Anatahan 31,21 km² |
Largura máxima | 2 519 km |
Punto máis alto | Agrihan (965 m, en Agrihan) |
Demografía | |
Poboación | 251 000 hab. (2006) |
Atópanse a norte das Illas Carolinas, que forman os Estados Federados de Micronesia, a preto de 2000 km a norte de Nova Guinea e aproximadamente á mesma distancia das Filipinas, a suroeste, e do Xapón, a noroeste.
Son 15 illas, cunha orientación aproximada norte-sur, das cales a que fica máis ao sur, Guam é un territorio dos Estados Unidos de América e as restantes 14 forman o “Estado Libre Asociado” (ou Commonwealth) das Marianas do Norte, tamén dependentes dos EUA.
XeografíaEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
HistoriaEditar
As illas foron “descubertas” por Fernão de Magalhães en 1521, que as declarou colonia española e as apelidou de "Las Islas de los Ladrones", (Illas dos Ladróns), xa que despois de achegarse a elas coa súa frota debilitada polo escorbuto os nativos roubáronlles un dos botes dos barcos, a tripulación recuperouno despois de incendiar as vivendas dos habitantes das illas.[Cómpre referencia] En 1668 o nome das illas foi mudado para Las Marianas, en homenaxe a Mariana de Austria, viúva do rei Filipe IV de España.
Practicamente toda a poboación nativa foi exterminada durante o dominio español e, máis tarde, foron repoboadas por nativos doutras illas da Micronesia.[Cómpre referencia] A colonia española foi vendida á Alemaña en 1899 e tomada polos xaponeses en 1914, que a tornaron nunha zona militar. Durante a Segunda Guerra Mundial, os “Marines” aterraron alí a 15 de xuño de 1944 e gañaron a Batalla de Saipan, que durou 3 semanas.
Despois da derrota do Xapón, as illas pasaron a ser administradas polos EUA, como parte do Protectorado das Illas do Pacífico das Nacións Unidas. Na década de 1970, os seus habitantes decidiron-se, non a favor da independencia, mais de lazos máis fortes cos EUA e, o 1 de xaneiro de 1978 foi aprobada a constitución do seu estatuto actual.
Relación de Illas das MarianasEditar
Nome da illa | Poboaciónn | Municipio ou territorio |
---|---|---|
Guam | 159,358 | Guam |
Saipan | 48,220 | Saipan |
Tinian | 3,136 | Tinian |
Rota | 2,477 | Rota |
Aguijan | 0 | Tinian |
Farallón de Paxaros | 0 | Illas do Norte |
Illas Maug | 0 | Illas do Norte |
Asunción | 0 | Illas do Norte |
Agrihan | 0 | Illas do Norte |
Pagan | 0 | Illas do Norte |
Alamagan | 0 | Illas do Norte |
Guguan | 0 | Illas do Norte |
Papaungan | 0 | Illas do Norte |
Sarigan | 0 | Illas do Norte |
Anatahan | 0 | Illas do Norte |
Farallón de Medinilla | 0 | Illas do Norte |