Acontecementos
editar
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Manuel Murguía Manuel Murguía
1526 : O voivoda transilvano, Xoán Zapolya faise elixir rei, coa axuda dos turcos, contra Fernando de Hansburgo .
1770 : Unha expedición, ao mando de Felipe González Ahedo , toma posesión da illa de Pascua no nome de España .
1789 : Por "motivos humanitarios", o médico francés Joseph Ignace Guillotin propón unha nova máquina de execución: a guillotina .
1793 : Comeza a época do Medo , derradeira etapa da Convención Montañesa .
1798 : Os británicos ocupan a illa de Menorca .
1832 : O comandante da goleta de guerra "Sarandi", Xosé María Pineda , ocupa as illas Malvinas no nome da Arxentina .
1840 : Emítese no Reino Unido o primeiro selo de correos.
1843 : A raíña Isabel II de España pon a primeira pedra do edificio do actual Congreso dos Deputados de Madrid .
1846 : Voda de Isabel II de España co seu curmán o infante Francisco de Asís , no Palacio Real de Madrid .
1856 : Inauguración en Madrid do Teatro da Zarzuela .
1858 : Casamento de Rosalía de Castro con Manuel Murguía na Igrexa de San Ildefonso de Madrid.
1868 : Carlos Manuel de Céspedes declara a independencia de Cuba , feito que dá orixe a Guerra dos Dez Anos .
1897 : O químico alemán Felix Hoffman sintetiza o ácido salicílico do sabugo , predecesor da aspirina , fármaco que chegaría a ser o máis popular e consumido no mundo.
1898 : España : A firma do tratado de París pon fin á guerra entre España e EUA por mor da illa colonial de Cuba .
1902 : Incidentes entre obreiros e a Garda Civil en La Línea , cun saldo de 30 mortos e incontables feridos.
1902: Nace o "cabalo mecánico", antecesor do actual tractor .
1903 : Estrea en Antuerpen da ópera “Princesa Raio de Sol”, de Paul Gilson .
1908 : Inauguración das obras do túnel de ferrocarril transpirenaico por Canfranc (Huesca ).
1908: Henri Farman establece un novo récord de velocidade con 52 km/h.
1912 : Os rebeldes derrotan os gobernamentais no Escalón .
1913 : O presidente estadounidense, Woodrow Wilson , fai estoura-la carga de dinamita que voa o derradeiro obstáculo para a unión das augas do Atlántico co Pacífico a través da Canle de Panamá .
1914 : Fernando I , coroado rei de Romanía .
1916 : Os submarinos alemáns estenden o seu raio de acción contra os buques mercantes aliados a todo o Atlántico , até as costas americanas.
1918 : Rosa Luxemburg abandona a prisión preventiva.
1919 : Estréase en Viena a ópera “A muller sen sombra”, de Richard Strauss .
1919: Inglaterra ratifica o tratado de Versalles .
1921 : O exército español reconquista o monte Gurugú , fronte a Melilla .
1928 : Publícase “O eu e o inconsciente”, de Carl Gustav Jung .
1929 : Vólvese a permitir a entrada no país aos cregos estranxeiros.
1931 : Constitución das JONS , pola fusión dos grupos políticos dirixidos por Ramiro Ledesma e Onésimo Redondo .
1932 : Inauguración dunha xigantesca central eléctrica soviética sobre o Dniéper .
1933 : Constitúese o cuarto Goberno constitucional da Segunda República Española , presidido por Diego Martínez Barrio .
1933: A Sociedade de Nacións crea un Alto Comisariado para os refuxiados, co fin de socorrer os alemáns que teñen que fuxir do seu país.
1934 : Inaugúrase na Arxentina o XXXII Congreso Eucarístico Internacional .
1934: Restablécese a pena de morte para determinados delitos.
1935 : Golpe de Estado que acaba coa República en Grecia . O xeneral Condylis é nomeado rexente para da-lo paso a Monarquía.
1935: O consello da Sociedade de Nacións constitúe un comité de sancións para o asunto de Etiopía .
1940 : Ataque aéreo británico contra as instalacións portuarias de Cherburgo .
1941 : Estréase a película Fantasía de Walt Disney .
1941: Fracasa o referendo para a anexión de Luxemburgo a Alemaña co 97% de abstencións.
1944 : Os soviéticos cercan por completo o grupo de exércitos do norte alemán en Curlandia .
1945 : É detido o coronel Perón , ex ditador da Arxentina , o que provoca a dimisión do goberno en pleno.
1946 : Apróbase o borrador do tratado de paz entre Italia e Romanía . Albania recobra a súa independencia.
1947 : Devolución a Italia dun tesouro en ouro valorado en 25 millóns de dólares, descuberto no norte de Italia polo V exército de EUA .
1950 : Estréase en Barcelona a película Agustina de Aragón dirixida por Juan de Orduña e protagonizada por Aurora Bautista .
1951 : Estrea en España da película Séptima página , dirixida por Ladislao Bajad e protagonizada por Rafael Durán , Alfredo Mayo e María Rosa Salgado .
1953 : O emperador de Vietnam Bao-Dai reúne os líderes políticos para prepara-las negociacións con Francia , pero o congreso dexenera en pelexa.
1953: O guerrilleiro antifranquista Fermín Gutiérrez Lada cercado pola Garda Civil, suicídase en Argozón (Chantada ).
1954 : Francisco Franco presencia en Valencia as manobras da VI frota estadounidense.1955 : O ministro soviético de Asuntos Exteriores Viacheslav Molotov afirma que na URSS non se logrou aínda a construción do socialismo.
1957 : Grave accidente no reactor nuclear británico de Windscale .
1958 : Patrice Lumumba crea no Congo belga o Movemento Nacional Congolés .
1962 : 100 chineses e 24 indios morren no curso das operacións militares no Nepal .
1963 : Estréase en España a película Matar un reiseñor , protagonizada por Gregory Peck .
1963: Arxentina : Arturo Umberto Illia asume a presidencia da nación.
1964 : Transmítese vía satélite o primeiro programa comercial, directamente dende o Xapón aos Estados Unidos .
1964: O francés Jean Paul Sartre renuncia ao Premio Nobel de Literatura .
1965 : Turquía : A vitoria do Partido da Xustiza favorable ás iniciativas de EUA terá que facer fronte ás protestas dos estudantes de esquerdas.
1966 : España gasta na investigación o 0,2% da súa renda.
1967 : Celébranse eleccións en España para cubrir 108 procuradores en Cortes para o terzo familiar.
1968 : En España 200 mestres non numerarios (PNN ) da Facultade de Ciencias Económicas e Políticas deciden non iniciar, polo momento, ningunha actividade docente.
1968: Francia : A asemblea aproba a lei de orientación da ensinanza superior que marca dous grandes principios: autonomía e participación.
1970 : As Illas Fixi obtén a independencia.
1971 : O Partido Socialista Austríaco , encabezado por Bruno Kreisky , consegue a maioría absoluta nas eleccións celebradas para o Consello Nacional .
1972 : A policía retirase das universidades de Madrid , ocupadas dende 1968 .
1974 : As eleccións lexislativas do Reino Unido dan como vencedor, por lixeira maioría, o Partido laborista, con tres escanos mais cos conservadores.
1978 : Inauguración da mostra de Arte Vasco -78, en Bilbao .
1978: Kenya : Daniel Arap Moi sucede na presidencia a falecido Jomo Kenyatta e converterase no líder da KANU .
1979 : Os vietnamitas de Camboxa acosan os khemeres vermellos, repregados no norte do país.
1980 : Centos de mortos nun tremor que sacode a rexión alxerina de Al Asnam .
1983 : Isaac Shamir , primeiro ministro do Goberno de Israel .
1983: Elementos antisandinistas provocan un incendio no porto nicaraguano de Corinto .
1984 : Nicolás Ardito Barletta toma posesión do cargo de presidente de Panamá .
1984: O Papa Xoán Paulo II realiza unha escala de cinco horas en Zaragoza , na súa viaxe a Santo Domingo e Porto Rico .
1984: Polonia : Tralo asasinato do vicario da parroquia obreira e defensor popular, Jerzy Popielusko . Tres oficiais de seguridade serán detidos por este crime. Rainbow Warrior 1986 : Dous terremotos na capital salvadoreña causan a morte a unhas 900 persoas, feridas a 10 000 e danos materiais a máis de 200 000.
1987 : O ciclista italiano Francesco Moser bate o récord da hora de ciclismo e o deixa nos 48,637 km.
1988 : Lubomir Strougal , primeiro ministro checoslovaco, presenta a súa dimisión oficial tras 18 anos no cargo e é substituído por Ladislav Adamec .
1989 : O ministro de Industria e Enerxía , Claudio Aranzadi , presenta o novo Plan de Enerxías Renovables , polo que España deberá investir nos próximos sete anos 150 000 millóns de pesetas para equipara-la utilización de novas fontes enerxéticas previstas pola CE .
1991 : Os "doce" aceptan, en Bruxelas , coa oposición do Reino Unido e Portugal , o futuro poder de codecisión lexislativa do Parlamento Europeo .
1992 : Constitución do Padroado do Instituto Cervantes , co obxectivo de promove-la expansión do idioma español no mundo.
1993 : O Movemento Socialista Panhelénico gaña as eleccións parlamentarias en Grecia co 48% dos votos.
1994 : Akihito e Michiko inician en Madrid a primeira visita oficial na historia duns emperadores do Xapón a España .
1995 : Prosegue o avance bosníaco-croata sobre o oeste de Bosnia e Hercegovina coa conquista de Mrkonjic e Sanski Most , derradeira defensa de importancia na ruta que leva a Banja Luka .
1997 : Premio Nobel da Paz a Campaña Internacional contra as Minas Antipersoas (ICBL).
1997: O Consello de Ministros aproba o Real Decreto que regula o Himno Nacional español. Días antes, o Estado adquirira os dereitos da "Marcha Real " por 130 millóns de pesetas.
1999 : O Partido Socialista de Portugal vence nas eleccións xerais celebradas neste país, aínda que sen maioría absoluta.
1999: O equipo español de golf, integrado por José María Olazábal , Miguel Ángel Jiménez e Sergio García , gaña por primeira vez a copa Dunhill , considerada como o campionato do mundo por equipos.
1999: Óscar Freire gaña con 23 anos o Campionato do Mundo de ciclismo en ruta . Repite así a conquista de Abraham Olano en 1995 .
2000 : Jack S. Kilby recibe o Premio Nobel de Física "ex aequo" con Herbert Kroemer e Zhores Alfiorov .
2000: Os estadounidenses Alan Heeger e Alan McDiarmid e o xaponés Hideki Shirakawa reciben o Premio Nobel de Química .
2002 : 25 persoas morren ao estourar unha bomba colocada pola guerrilla separatista chechena nunha comisaría de policía no Grozni .
2002: Co asasinato en Virxinia dun home que repostaba nunha gasolineira, o "francotirador de Washington" cóbrase a súa novena vítima.
2002: Un millón de persoas, convocadas pola Coordinadora Democrática , concéntrase en Caracas para esixir a dimisión do presidente venezolano Hugo Chávez .
2002: O poeta valenciano Carlos Marzal gaña o Premio Nacional de Poesía coa súa obra “Metais pesados”.
2003 : O príncipe Johan Friso dos Países Baixos , segundo fillo da raíña Beatriz, renuncia os seus dereitos sucesorios para casar con Mabel Wisse .
2003: O Goberno español denega o indulto aos "Albertos " (Alberto Cortina e Alberto Alcocer ); coñecidos empresarios, condenados por un delito de estafa e falsidade documental.
2003: O rei de Marrocos , Mohamed VI , impulsa unha reforma legal contra a discriminación das mulleres.
Mercè Rodoreda Tanya Tucker Gavin Newsom 1684 - Jean Antoine Watteau , pintor francés.
1731 - Henry Cavendish , físico e químico británico.
1738 - Benjamin West , pintor estadounidense.
1777 - Heinrich von Kleist , poeta e dramaturgo alemán.
1813 - Giuseppe Verdi , compositor italiano.
1830 - Isabel II , raíña de España .
1834 - Aleksis Kivi , escritor finlandés.
1839 - Francisco Giner de los Ríos , filósofo e pedagogo español, fundador da Institución Libre de Enseñanza .
1841 - José Calderón Díaz , picador de touros español.
1854 - Francisco Tettamancy Gastón , escritor galego (m. 1921).
1856 - Luis Mazzantini e Eguia , matador de touros español.
1860 - Joan Maragall , escritor español en lingua catalá.
1861 - Fridtjof Nansen , explorador noruegués, científico, político, escritor, Premio Nobel da Paz 1938 .
1892 - Ivo Andric , novelista serbocroata laureado co Premio Nobel de Literatura 1961 .
1895 - Lin Yutang , escritor chinés.
1900 - Helen Hayes , actriz estadounidense.
1901 - Alberto Giacometti , escultor suízo (m. 1966).
1906 - Leo Mathisen , pianista e cantante de jazz dinamarqués (m. 1969).
1908 - Mercè Rodoreda , escritora catalá (m. 1983).
1910 - Gilberto Alzate Avendaño , avogado, xornalista e político colombiano.
1910 - Ramón Gaya , pintor e poeta español.
1910 - Subrahmanyan Chandrasekhar , astrofísico estadounidense de orixe india, Premio Nobel de Física 1983 .
1913 - Claude Simon , escritor francés.
1920 - Thelonious Monk , pianista de jazz e compositor estadounidense.
1922 - Boeli van Leeuwen , escritor en lingua holandesa das Antillas Holandesas (m. 2007).
1924 - Ed Wood , cineasta estadounidense.
1924 - James Clavell , guionista e realizador británico.
1930 - Harold Pinter , dramaturgo británico.
1942 - Peter Coyote , actor estadounidense.
1946 - Naoto Kan , político xaponés.
1948 - Xabier Aguirresarobe , director de fotografía español.
1951 - Jeanette , cantante británica.
1954 - Ariane Ascaride , actriz francesa.
1956 - Martina Navrátilová , campioa estadounidense de tenis de orixe checa.
1958 - Tanya Tucker , cantante de country estadounidense.
1962 - Manuel Outeiriño , escritor galego.
1967 - Thomas Muster , tenista austríaco.
1967 - Gavin Newsom , gobernador de California .
1968 - Henrique Alvarellos , editor e escritor galego.
1241 - Celestino IV , Papa.
1827 - Hugo Fóscolo , poeta e patriota italiano.
1837 - Charles Fourier , socialista utópico francés.
1856 - Vicente López Planes , poeta e militar arxentino, autor da letra do himno nacional arxentino.
1913 - Lucio Mansilla , escritor, militar e diplomático arxentino.
1926 - Juan Barcia Caballero , médico e escritor galego (n. 1852).
1944 - Agustín Fontanella , comediógrafo arxentino.
1948 - Jesús Peynó Piñeiro , xornalista galego (n. 1869).
1970 - Edouard Daladier , político francés.
1973 - Ludwig von Mises , economista austríaco.
1982 - Bernardo Canal Feijoo , escritor, dramaturgo, poeta, pensador e ensaísta arxentino.
1983 - Ralph Richardson , actor británico.
1985 - Orson Welles , cineasta estadounidense.
1985 - Yul Brynner , actor estadounidense de cine de orixe rusa.
1986 - Antonio di Benedetto , escritor e xornalista arxentino.
1991 - Pío Cabanillas Gallas , político español.
1995 - Xosé Trapero Pardo , escritor e xornalista galego (n. 1900).
1999 - Morris West , escritor australiano.
2000 - Sirimavo Bandaranaike , política e primeira ministra de Sri Lanka .
2010 - Solomon Burke , vocalista de blues estadounidense (m. 2010) Festas e celebracións
editar
Santoral: San Gonzalo, Tomé de Villanueva, Claro, Pinito, Paulino, Cerbonio (Bispos ); Eulampio e Eulampia, Venancio, Daniel, Samuel, Anxo, León, Nicolao, Hugolino, Xereón, André, Demetrio, Tiberio, Alderico, Basian, Víctor, Casio e Florencio (Mártires ); Teófilo (Monxe ); Zacarías e Francisco de Borxa (Confesores ); Daniel Comboni (fundador dos Misioneiros Combonianos ). Calendario Romano : Tesmoforias . Os 366 días do ano