Mohamed VI de Marrocos

(Redirección desde «Mohamed VI»)

Mohamed VI (Mohamed Ben Al-Hassan) (الملك محمد السادس للمغرب), nado o 21 de agosto de 1963, é Rei de Marrocos dende o 23 de xullo de 1999 trala morte de seu pai, Hasan II. É o 18º rei da dinastía alauí, que reina en Marrocos desde 1666, e de acordo coa a Constitución de Marrocos ostenta ademais o cargo de Amir al-Mu'minin (protector ou guía relixioso dos fieis).

Infotaula de personaMohamed VI de Marrocos

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) محمد السادس بن الحسن Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Rabat, Marrocos Editar o valor em Wikidata
King of Morocco (en) Traducir
23 de xullo de 1999 –
← Hasan II de Marrocos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMarrocos Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoÁrabes e Bérber Editar o valor em Wikidata
RelixiónMusulmán Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Nice Sophia Antipolis (en) Traducir - dereito (–1994)
Universidade Mohammed V - dereito (–1985)
Collège Royal (en) Traducir - baccalauréat (–1981)
University of Côte d'Azur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei , monarca Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe, lingua inglesa, lingua francesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia Alaoui (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLalla Salma, Princesa Consorte de Marrocos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosLalla Khadija de Marrocos (pt) Traducir, Moulay Hassan, Príncipe Herdeiro de Marrocos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHasan II de Marrocos Editar o valor em Wikidata  e Lalla Latifa Editar o valor em Wikidata
IrmánsMulay Rachid, Princess Lalla Hasnaa of Morocco (en) Traducir, Princess Lalla Asma of Morocco (en) Traducir e Lalla Meryem de Marrocos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesMohammed V de Marrocos (pt) Traducir (avó paterno) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
28 de outubro de 2016-2017Hirak Rif Movement (en) Traducir
1 de xullo de 2011Moroccan constitutional referendum (en) Traducir
20 de febreiro de 2011-23 de setembro de 2012Protestos em Marrocos em 2011 (pt) Traducir
16 de maio de 2003Atentados de Casablanca em 2003 (pt) Traducir
23 de xullo de 1999Death and funeral of Hassan II of Morocco (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Alaouite-1
Mohamed VI de Marrocos

Traxectoria editar

Infancia e estudos editar

O rei Mohamed VI naceu en Rabat, Marrocos, o 21 de agosto de 1963, sendo o fillo máis vello do rei Hasan II e a súa dona Lalla Latifa Hammou, de orixe bérber. Antes de acceder ao trono, ostentou o título de Príncipe da Coroa marroquí.

En 1985, obtivo a licenciatura en "Ciencias xurídicas, económicas e sociais" na Universidade de Rabat. A súa memoria de licenciatura trataba sobre «A Unión arabo-africana e a estratexia do Reino de Marrocos en materia de relacións internacionais». En 1987, conseguiu o Certificado de Estudos Superiores (CES) en ciencias políticas, con matrícula de honra. En xullo de 1988 superou, coa mesma nota, os seus últimos exames para a obtención dun segundo CES en Dereito Público.

Para completar a súa formación os seus pais decidiron envialo a Bruxelas, en novembro de 1988, para efectuar unha estancia tutelada por Jacques Delors, daquela Presidente da Comisión Europea.

Desde novo substituíu a seu pai en misións de representación ante xefes de estado de diversos países, e participou en numerosas reunións e conferencias nacionais e internacionais. A súa primeira misión oficial no estranxeiro tivo lugar o 6 de abril de 1974, cando en representación de Hassan II reuniuse co Presidente de Francia, Georges Pompidou. Entre o 23 e o 30 de xullo de 1980, efectuou unha xira por diversos países africanos, reuníndose cos presidentes do Senegal, Léopold Sédar Senghor, de Guinea, Ahmed Sékou Touré, de Costa do Marfil, Félix Houphouët-Boigny, do Camerún, Ahmadou Ahidjo, e de Nixeria, Shehu Shagari.

Con posterioridade recibiu os graos de Doutor na Universidade de Niza-Sofía Antípolis en Francia, pola súa tese sobre «A cooperación entre a Comunidade Económica Europea e a Unión do Magreb Árabe» (1993) e Doutor honoris causa pola Universidade George Washington, en Estados Unidos (2000).

Características do seu reinado editar

Mohamed VI accedeu ao trono 23 de xullo de 1999, unhas horas despois da morte de seu pai. No seu primeiro discurso a través da televisión, prometeu acabar coa pobreza e a corrupción, creando emprego e garantindo o cumprimento dos Dereitos Humanos. Mantivo algúns dos conselleiros reais do seu pai, marxinou outros moi vencellados co pasado e elixiu entre antigos compañeiros do Colexio Real aos que serían os novos homes fortes do réxime, Fuad Ali Himma e Tayeb Fasi Fihri[1].

Polo seu talante modernizador, Mohamed VI encontrouse coa oposición dos islamistas conservadores. Durante o seu mandato, apoiou o pluralismo político e creou un novo código familiar, a Mudawana, que outorga maior poder e independencia ás mulleres. Tamén creou a denominada Instance Equité et Réconciliation (IER), unha comisión que pretendía revisar os casos de violación dos Dereitos Humanos durante o reinado de seu pai. Mais, á dita comisión prohibíuselle mencionar expresamente a Hassan II, así como investigar casos posteriores á coroación de Mohamed VI, en 1999. Organizacións internacionais de Dereitos Humanos tamén criticaron que a comisión non puidera investigar ataques contra a liberdade de expresión. Na mesma liña aperturista, Mohamed VI permitiu o regreso ao país do opositor Abraham Serfaty, e recoñeceulle novamente a nacionalidade marroquí.

As relacións de Marrocos con España durante o reinado de Mohamed VI foron, en xeral, cordiais, agás por determinados asuntos espiñentos, como a soberanía de Ceuta e Melilla, a situación política e humanitaria no Sáhara Occidental ou os problemas coa emigración que chega ás costas andaluzas desde o norte de Marrocos. Ademais, durante o seu reinado produciuse o incidente da illa Perejil, durante o cal un pequeno illote de soberanía disputada foi ocupado durante uns días polo exército marroquí antes de ser desaloxado por tropas españolas. En 2007, a visita dos Reis de España a Ceuta e Melilla desencadeou un conflito diplomático entre ambos estados ao chamar Marrocos a consultas ao seu embaixador en Madrid polo que se considerou unha "iniciativa reprobable"; esta crise diplomática resolveuse dous meses despois.

Negocios e riqueza editar

 
Gráfico detallando as propiedades do consorcio Société National d'investissement controlado polo palacio a xuño de 2013[2] .

Mohammed VI é o empresario e banqueiro máis importante de Marrocos.[2] En 2009, a revista Forbes estimou a súa riqueza en 2.5 millóns de dólares,[3] e a Familia Real de Marrocos ten unha das maiores fortunas do mundo.[4] Xunto coa súa familia, mantiñan a participación maioritaria da Société Nationale d'Investissement (SNI), que orixinalmente era propiedade do estado pero que foi fusionada con Omnium Nord Africain (ONA Group) no 2013, para formar un único holding empresarial que foi retirado da Bolsa de Casablanca, provocando un recorte equivalente a 50 millóns de Dirhams de capitalización na bolsa (~6 millóns de dólares).[5] SNI ten unha carteira de valores diversa consistente en varios negocios importantes en Marrocos e opera en varios sectores como son: Attijariwafa Bank (banca), Managem (minaría), Onapar, SOMED (Turismo e distribuidor exclusivo de Maserati), Wafa Assurance (seguros), Marjane (cadea de hipermercados), Wana-Inwi (telecomunicacións), SONASID (siderurxia), Lafarge Maroc (fabricante de cemento), Sopriam (distribuidor exclusivo de Peugeot-Citroën en Marrocos), Renault Maroc (distribuidor exclusivo de Renault en Marrocos) e Nareva (enerxía).[5][6] SNI tamén posúe varias compañías de procesado de alimentos aínda que está a realizar un proceso de saída deste sector.[5] Entre mediados do 2012 e o 2013 SNI vendeu; Lessieur, Centrale Laitière, Bimo e Cosumar a grupos estranxeiros por un total de ~$1.37 millóns (11.4 millóns de Dirhams incluíndo 9.7 millóns en 2013 e 1.7 en 2012).[5]

SNI e ONA, tiñan participacións en Brasseries du Maroc, o maior fabricante de bebidas alcohólicas e distribuidor no país de marcas coma Heineken.[7]

Mohammed VI tamén é un importante produtor agrícola e propietario de terras en Marrocos, onde a agricultura está exenta de impostos.[8] O seu holding "Siger" ten participación no gran grupo agricultor "Les domaines agricoles" (chamado orixinalmente "Les domaines royaux", agora coñecido comunmente como "Les domaines"), que foi fundado por Hassan II.[8] En 2008 Telquel estimou que "Les domaines" tiña uns ingresos de $157 millóns (1.5 billóns de Dirhams), con 170,000 toneladas de cítricos exportadas nese ano.[8] Segundo a mesma revista, a compañía ten oficialmente 12,000 hectáreas de terras de cultivo.[8] "Chergui", un produtor de produtos lácteos é a marca máis coñecida do grupo.[8] Entre 1994 e 2004, o grupo estivo xestionado polo cuñado de Mohammed VI, Khalid Benharbit, o marido da Princesa Lalla Hasna.[8] "Les domaines" tamén é propietaria de "Royal Golf de Marrakech", que orixinalmente pertencía a Thami El Glaoui.[8]

O presuposto diario do seu palacio, segundo Forbes, foi de 960,000 dólares -pagados polo estado marroquí como parte dun presuposto anual de 2.576 millóns de Dirhams no 2014[9]- debidos en gran parte a gastos de persoal, roupas, e reparación de automóbiles.[4]

En decembro de 2010, o sitio web WikiLeaks publicou cables diplomáticos que asumían un gran nivel de corrupción implicando directamente ó Rei.[10]

Alegacións de corrupción editar

A participación da monarquía nos negocios é un tema importante en Marrocos pero a súa discusión pública é delicada. A embaixada dos EEUU en Rabat informou a Washington nun cable filtrado que "a corrupción é predominante a todos os niveis da sociedade de Marrocos".[10] Supostamente a corrupción chega ós niveis máis altos en Marrocos, onde os intereses económicos de Mohammed VI e algúns dos seus asesores inflúen en "todos os grandes proxectos de construción de vivendas", de acordo ós documentos de WikiLeaks citados polo xornal Británico Guardian.[11]

Os documentos liberados por WikiLeaks tamén citan o caso dun empresario que traballaba para un consorcio dos Estados Unidos, cuxos plans foron paralizados durante meses en Marrocos despois de rexeitar unir as súas forzas cunha compañía ligada co palacio real. As decisións de grandes investimentos no reino eran realizadas só por tres persoas, os documentos citan a un executivo dunha empresa ligada á familia real. As tres persoas son o rei, o seu secretario Mounir Majidi, e o amigo máis achegado ó monarca, conselleiro e antigo compañeiro de clase Fouad Ali Himma, o executivo comentouno nunha reunión con potenciais investidores nun país do Golfo. Esta corrupción afecta especialmente ó sector da construción, segundo indican os documentos de WikiLeaks.[12]

Controversia editar

Movemento de 20 de febreiro editar

A lexitimidade do rei Mohammed VI foi discutida no 2011 co Movemento 20 de febreiro que intentaba debilitar o funcionamento do sistema monárquico.

Escándalo do perdón Real editar

En Rabat comezaron unhas protestas o 2 de agosto de 2013, despois de que Mohamed VI perdoara a 48 españois encarcerados, incluíndo a un pedófilo que estaba a cumprir unha sentenza de 30 anos por violar a 11 nenos de idades entre 4 e 15 anos. O rei anulou o perdón despois da indignación popular.[13]

Líder relixioso editar

Na súa condición de xefe espiritual dos marroquís e presidente do Consello de Ulemas, emprendeu dúas reformas relixiosas co obxectivo de eliminar os elementos máis integristas da comunidade islámica marroquí. No 2004 reestruturou o Ministerio de Asuntos Relixiosos e puxo baixo o seu control os 41.755 lugares de culto, un terzo deles mesquitas. Mais, no ano 2008, ao concluír o Ramadán, anunciou unha nova reforma para «previr a fe e a identidade marroquís de veleidades integristas». A xuízo dos expertos marroquís, nos últimos anos detectárase o incremento de xihadistas e o auxe do salafismo e da corrente xiíta do islam. Así, as fatuas só poderán emitirse dende un órgano relixioso creado para o efecto. Tamén se creará un Consello de Ulemas específico para os marroquís que viven noutros países (máis de tres millóns).[14]

Familia editar

O rei Mohamed VI ten un irmán, o príncipe Moulay Rachid, e tres irmáns, as princesas Lalla Meryem, Lalla Asma e Lalla Hasna.

O 21 de marzo de 2002 casou en Rabat con Salma Bennani (dende entón a Princesa Lalla Salma), coa que ten dous fillos, o Príncipe herdeiro Moulay Hassan, (n. 8 de maio de 2003), e a Princesa Lalla Khadija (n. 28 de febreiro de 2007).

Notas editar

  1. Carla Fibla España-Marruecos desde la orilla sur: la relación hispano-marroquí: opiniones e ideas. Icaria Editorial, 2005, páxina 24
  2. 2,0 2,1 GREENE (24 de abril 2008). "MOROCCAN ROYAL FAMILY HOLDING ONA FIRES CEO". Consulate Casablanca. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2013. Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  3. "In Pictures: World's Richest Royals". Forbes. 17 de xuño de 2009. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Pendleton, Devon; Serafin, Tatiana (30 de agosto de 2007). "In Pictures: The World's Richest Royals". Forbes. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Fahd Iraqi; Mehdi Michbal (14 de xuño de 2013). "SNI. Le nouveau visage du business royal". Telquel. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2013. Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  6. Ahmed Reda Benchemsi; Fahd Iraqi (18 de xullo de 2009). "Le Businessman" (PDF). TelQuel. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de decembro de 2013. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  7. Nouaim SQALLI (3 de xaneiro de 2006). "Bourse: Les filiales de l'ONA boostent le marché de blocs". l'Economiste. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Fédoua Tounassi (12 de decembro de 2008). "Enquête. Les jardins du roi". Telquel. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  9. Ahmed Benseddik (12 November 2013). "Benkirane a bien augmenté le budget royal de " Sidna "". Demain Online. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2013. Consultado o 15 November 2013. 
  10. 10,0 10,1 Black, Ian (6 de decembro de 2010). "WikiLeaks cables accuse Moroccan royals of corruption". The Guardian (Londres). Consultado o 16 de xuño de 2011. 
  11. "US embassy cables: Moroccan sacking exposes king's business role". The Guardian. 6 de decembro de 2010. 
  12. "US embassy cables: Moroccan businessman reveals royal corruption, claims US cable". The Guardian. 6 de decembro de 2010. 
  13. Yaakoubi, Aziz El. (3 de agosto de 2013) Moroccan police break up protest against royal pardon of Spanish pedophile Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. Reuters.com. Consultado o 22-07-2015. (en inglés)
  14. Mohamed VI ataca ao islamismo radical, El País, 5 de outubro de 2008. (en castelán)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar