Illa Perejil
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
Coordenadas: 35°54′50″N 5°25′07″O / 35.913888888889, -5.4186111111111
A illa de Perejil (en árabe ليلى, Laila ou Leila; tamén chamada تورا ou Tura) é un illote deshabitado situado no estreito de Xibraltar, entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico, a uns 200 metros da costa continental de África e a uns 8 km ao noroeste do núcleo urbano da cidade autónoma española de Ceuta. Durante un tempo apareceu alternativamente nos mapas como punta Alemán debido a que nela enchían, supostamente, submarinos e barcos alemáns afastados das súas bases durante as dúas Guerras Mundiais.
Illa Perejil | |
---|---|
![]() Vista da illa de Perejil dende a costa africana. | |
![]() Detalle da localización da illa de Perejil. | |
Situación | |
País | ![]() |
Mar | Atlántico |
Coordenadas | 35°54′50″N 5°25′7″O / 35.91389, -5.41861 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Penedo |
Superficie | 0,15 km² |
Longura máxima | 0,5 km |
Largura máxima | 0,3 km |
Punto máis alto | 74 msnm |
Distancia a terra | 2,75 km |
Demografía | |
Poboación | 0 |
Densidade | 0 hab./km² |
SoberaníaEditar
Na actualidade atópase deshabitada e sen que exista ningún símbolo de soberanía por parte dos dous países que reclaman o illote como propio (España e Marrocos). España afirma que o Perejil forma parte do seu territorio, aínda que a súa situación político-administrativa é escura, posto que non é nin parte da cidade autónoma de Ceuta (o anteproxecto de estatuto de autonomía ceutí, 26 de febreiro de 1986. incluía o illote como territorio da cidade, pero tal referencia foi retirada ante as protestas de Marrocos) nin considerado praza de soberanía. Para Marrocos a súa soberanía non ofrece dúbidas xurídicas e forma parte do seu territorio nacional polo que lle disputa a súa posesión a España, o que deu lugar ao Incidente da illa Perejil 2002 (no comunicado de prensa emitido pola axencia oficial marroquí MAP, equivalente á Oficina de Información Diplomática española, o illote é descrito como situado en l´intérieur des eaux territoriais du royaume, "no interior das augas territoriais do reino"). Tras este incidente, ambos os países asinaron unha nota na que se comprometían a volver á situación anterior ao incidente, de forma que o illote sería desaloxado, sen abandonar ningún deles, con todo, as súas pretensións territoriais.
Datos xeográficosEditar
- Coordenadas xeográficas: latitude: 35° 54' 48,11" N, lonxitude 5° 25' 03,34" O
- Extensión: ten uns 500 m de longo por 300 m de ancho.
- Altitude máxima: de relevo moi accidentado, o punto máis elevado deste peñasco atópase a 74 msnm
Unha canle de media milla sepáraa do continente. A profundidade da auga aos seus pés chega a alcanzar de 20 a 30 metros. Entre a illa e a terra firme está o fondeadeiro de Perejil, que pode dar acubillo a pequenas embarcacións, e foi utilizado tanto por pescadores que en mal tempo buscaban a súa protección, como por contrabandistas, que atopaban resgardo ante a belicosidade dos habitantes próximos.
Na costa leste aparecen dúas pequenas calas, chamadas a máis setentrional do Rei e a máis meridional da Raíña. Próxima a esta cala áchanse os restos dunha torre e dun alxibe, construídos polos portugueses. A illa conta cunha cova de suficiente tamaño para albergar no seu interior a unhas 200 persoas.
Atópase deshabitada, e apenas ten algún tipo de flora ou fauna, con clima mediterráneo moi árido. Rexistra temperaturas que oscilan entre os 15 °C no inverno e os 40 °C no verán.