Estreito de Xibraltar

espazo xeográfico que conecta o mar Mediterráneo co océano Atlántico

Coordenadas: 35°58′18″N 5°29′09″O / 35.971666666667, -5.4858333333333

O estreito de Xibraltar é un estreito que comunica o océano Atlántico co mar Mediterráneo, separando Europa e África. Ao norte do estreito atópanse España e Xibraltar, e ao sur, Marrocos e a cidade autónoma de Ceuta.

Estreito de Xibraltar
مضيق جبل طارق
Estrecho de Gibraltar
Localización administrativa
EstadoEspaña España
Marrocos Marrocos
DivisiónAndalucía (ESP)
Ceuta (ESP)
Tánger-Tetuán (MAR)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
Mar Mediterráneo
ContinenteEuropa, África
Xeografía
Mares contiguosGolfo de Cádiz
Mar de Alborán
Accidentes
CabosPunta de Tarifa
Cabo Espartel
Características
Anchura mínima12,3 km
Mapa
Case tan só 15 km separan España de Marrocos

Ten 14,4 km de longo e unha profundidade duns 300 m. Na antigüidade este estreito era coñecido como "as Columnas de Hércules", pero debe o seu nome actual a unha deformación de djebel Tarik de Tarik ibn Ziad, que no 711 traspasou o estreito para facer unha incursión contra a España visigoda, primeira incursión musulmá na Península Ibérica.

Historia e características editar

A Rocha é a cidade de Xibraltar, que dá o seu nome ao estreito, atópase nunha estreita península, na beira europea, á entrada oriental do estreito. Ao oeste, o estreito dá ao golfo de Cádiz, que se abre ao longo do Atlántico. Ao leste, pola contra, a baía de Alxeciras é máis cerrada, dunha centena de quilómetros de largo, e preto de douscentos de longo. O Mediterráneo, sendo un mar case fechado, e sufrindo unha evaporación importante, a corrente dominante no estreito vai desde o Atlántico cara ao Mediterráneo. O límite entre as augas do Atlántico e do Mediterráneo (en termos de temperatura e de salinidade principalmente) sitúase lonxe no leste, case toda a baía de Alxeciras é atlántico desde este punto de vista.

A pesar de levar o nome de Xibraltar, a cidade máis meridional é Tarifa, levando o cabo correspondente o nome de Punta Europa.

O estreito é un punto importante de ligazóns marítimas no mundo. É cruzado todos os anos por uns 80.000 navíos mercantes. A posición ten unha grande importancia estratéxica polo menos desde que acabada a Idade Media, un comercio por mar foi establecido entre a Europa do Norte e Italia. A cidade de Xibraltar é unha colonia do Reino Unido desde o tratado de Utrecht en 1713, o que permitiu á frota inglesa ter a supremacía naval no Mediterráneo a partir do s. XVIII e sobre todo no s. XIX.

O estreito volveuse aínda máis estratéxico tras a inauguración da canle de Suez en 1869. Desde aquela, permite a pasaxe do Atlántico non soamente ao Mediterráneo, senón tamén ó océano Índico, evitando a longa rota do Cabo. Xibraltar foi durante moito tempo unha gran base naval británica, pero foi fortemente reducida desde a fin da Guerra fría. Pola súa parte, España posúe a cidade de Ceuta, na beira marroquí do estreito. Conquistada en 1415 por Portugal, pasou a mans españolas durante o reinado de Filipe II de España, cando era rei dos dous países. Xibraltar é reivindicada por España e Ceuta por Marrocos.

O estreito separa tamén Europa de África. Os ferris aseguran a ligazón, tanto para pasaxeiros como para vehículos. O inicio dun túnel baixo o estreito deviría dar comezo en breve, xa que se acaba de firmar un acordo o 12 de decembro de 2003. Este é un punto de paso da inmigración clandestina a Europa, sobre todo desde que por unha parte o crecemento de España ao longo dos anos oitenta a fixera destino da inmigración, e pola outra que desaparición dos controis nas fronteiras interiores da Unión europea (Acta Única e Espazo Schengen) fíxoa porta de entrada á unión. A inmigración pódese facer por Ceuta, enclave europeo en África. España reforzou fortemente a súa fronteira a partir de 1999. Fai-se tamén a través do estreito nas denominadas "pateras", embarcacións precarias que provocan numerosos mortos ao longo dos anos. A situación é semellante nos outros dous estreitos que dan acceso a Europa, o estreito de Sicilia, entre Tunisia e Sicilia; e a canle de Otranto á entrada do mar Adriático, entre Albania e Italia, sendo porén o de Xibraltar o máis estreito.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar