O golfo de Cádiz é un entrante do océano Atlántico na costa do suroeste da Península Ibérica, que se encontra entre o cabo de San Vicente, en Portugal, e o Estreito de Xibraltar, polo que as súas augas bañan a costa sur do Algarve, a costa da provincia de Huelva e a costa atlántica da provincia de Cádiz. Esta zona costeira recibe o nome de Costa da Luz.

Modelo:Xeografía físicaGolfo de Cádiz
Imaxe
TipoGolfo Editar o valor en Wikidata
Parte deocéano Atlántico Norte Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAlgarve, Portugal e Andalucía, España Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°47′N 7°14′O / 36.78, -7.23
Afluentes
BNE: XX5162720

Xeografía

editar

Os ríos máis importantes que morren neste golfo, de oeste a leste, son:

Recursos

editar

O golfo de Cádiz posúe pequenas reservas de gas natural.[1] Aínda que no pasado non se extraía por considerar que non existía cantidade suficiente para asegurar a súa rendibilidade, na actualidade[cando?] suscítase retomar a extracción para evitar a dependencia exterior. Na actualidade[cando?] Repsol extrae a 30 quilómetros de Mazagón.[2]

En canto á pesca, as especies mariñas de interese comercial que se capturan no Golfo de Cádiz suman 314, entre elas destacan a chirla, a anchoa, o salmonete, a acedía e o atún.[3] O atún é especialmente importante, en termos económicos e culturais, xa que implica técnicas de pesca distintas como son as almadrabas.

Véxase tamén

editar