Río Guadiana
O río Guadiana (español Guadiana; portugués Guadiana e Odiana) é un dos ríos máis importantes da Península Ibérica. O seu nome procede do árabe wadi e do latín Anas, este tomado dalgunha das linguas prelatinas do sur peninsular. Durante o período de dominación romana o río facía de fronteira natural entre as provincias da Bética e da Lusitania e é citado polo cronista Plinio o Vello na súa obra Historia Natural. Actualmente , o seu curso baixo divide España e Portugal, desembocando entre Ayamonte (Huelva) e Vila Real de Santo Antonio (Portugal).
Río Guadiana | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() ![]() |
Nacemento | Fuente del Ojuelo, Albacete |
Altitude | 608 msnm |
Lonxitude | 744 km |
Conca | 67.733 km² |
Caudal medio | 70 m³/s |
Desembocadura | Océano Atlántico |
Situación xeográficaEditar
Nace en Fuente del Ojuelo (Viveros, Albacete), no tramo do río Pinilla, ata as Lagoas de Ruidera (folla cartográfica: 788), que forman o chamado Guadiana Vello ou Guadiana Alto. A seguir, atravesa terreos moi permeables, polo que chega a desaparecer e reaparecer nuns pequenos mananciais chamados Ollos do Guadiana, en Villarubia de los Ojos (Cidade Real), no tramo denominado Guadiana medio. En realidade, a causa da sobrexplotación do río e dos afluentes, podemos afirmar que volve nacer unha vez pasado os Ollos do Guadiana. Finalmente, percorre a provincia de Cidade Real e as comunidades de Estremadura e Andalucía (Guadiana propiamente dito), para desembocar no Océano Atlántico por Ayamonte (Huelva) (folla cartográfica: 998).
AfluentesEditar
Ó longo dos seus 744 km de curso recibe auga dos seguintes afluentes:
- Guigüela, Záncara e Riánsares pola dereita ou marxe norte.
- Azuer, Jabalón, Zújar e Matachel pola esquerda ou marxe sur.
RéximeEditar
Canto ó seu réxime fluvial, o Guadiana é de caudal escaso, uns 70 m3/s en Ayamonte, cun máximo en inverno, coincidindo co período de máis choivas. Inmediatamente despois de entrar en Portugal, construíuse o encoro de Alqueva.
En novembro de 1997 produciuse unha grande inundación, con desbordamentos na provincia de Badaxoz e numerosas perdas humanas e materiais.