Río Matachel
O Matachel é un río estremeño, afluente do Guadiana, no cal verte as súas augas despois de 124 km de percorrido. Destaca pola súa grande conca hidrográfica, que representa un 3,8 % do total da do Guadiana.
Matachel | |
---|---|
O Matachel desde o castelo de Alanje | |
País | España |
Nacemento | Cortijo del Bruto |
Lonxitude | 124 km |
Conca | 2.546 km² |
Desembocadura | Río Guadiana |
![]() | |
Localización do Matachel entre os afluentes do Guadiana. | |
CursoEditar
O Matachel nace na Serra Morena a 598 m de altitude, en Cortijo del Bruto, cerca de Azuaga, sendo a dirección xeral do seu percorrido lixeiramente SL-NO. O seu curso trancorre integramente na provincia de Badaxoz, na cal divide pola metade a comarca da Terra de Barros, na que conforma a principal corrente fluvial. No seu tramo final, o curso está regulado polos encoros de Alanje e Los Molinos. Desemboca nas proximidades das localidades de Don Álvaro e La Zarza, relativamente próximas a Mérida, a capital extremeña, a unha altura de 205 msnm. O caudal medio anual do río é de 99 hm³ (medición na presa de Los Molinos.
A conca do Matachel é de escaso desnivel, o que orixina un percurso e unha drenaxe sinuosa e densa, na que participan numerosos regatos estacionais. O clima mediterráneo, propio da zona marca grandes deferencias estacionais no seu caudal, até ser practicamente testemuñal no verán.
AfluentesEditar
Os tributarios do Matachel son, en boa parte, regos estacionais. Destacan:
- Pola marxe esquerda:
- Bonhabal,
- Retín, o máis logo dos afluentes, que conta como subafluente a Rivera de Usagre.
- Pola beira dereita:
- San Juan con o Palomillas.
FaunaEditar
Nas súas augas dáse o Anaecypris hispanica (en castelán jarabugo), endémico no Guadiana.