Provincia de Badaxoz
![]() ![]() | |
![]() | |
Capital | Badaxoz |
Área | 21.766 km² |
Poboación | 692.137 hab. (2010) |
Densidade | 31,8 hab./km² |
Concellos | 164 |
Xentilicio | Badaxocense ou pacense |
Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Badajós) é unha das dúas provincias da Comunidade Autónoma de Estremadura, España. Pola súa área, 21.657 km2, é a provincia máis extensa de España. Polo norte limita coa outra provicia extremeña, Cáceres, con Cidade Real (enclave de Rincón de Anchuras) e con Toledo; polo leste confina con Cidade Real e Córdoba; polo sur con Sevilla e Huelva; e polo oeste linda coa antiga provincia do Alto Alentexo (Portugal). A súa capital é a cidade homónima.
XeografíaEditar
O centro e centro-norte da provincia é un territorio chairo, con declive suave do terreo de leste (Monte Matilla, 914 m) a oeste (Badaxoz, 195 m; Monte Alar, 610 m). O centro-sur (Sierra Vieja, 812 m), e sobre todo o sur, son máis elevados. Na parte meridional, o relevo adquire maior potencia, nas proximidades da linde coa provincia de Huelva, onde se erguen cordais occidentais da Serra Morena: Serra de Tudia, con o Pico de Tentudia (1.104 m) .
O río Guadiana atravesa a parte norte da provincia de leste a oeste, e á altura de Badaxoz, pasa a incurvarse para o sur, conformando en boa medida a fronteira con Portugal . Os maiores ríos badaxocenses pertencen á súa conca; os máis importantes verten nel as súas augas pola marxe esquerda, seguindo, en xeral, unha dirección de corrente sur-norte: Zújar, Guadamez, Matachel, Ardila. Os afluentes da marxe dereita son máis curtos, limitados polos cordais occidentais da prolongación dos Montes de Toledo nos límites provinciais con Cáceres.
ClimaEditar
A carencia de grandes serras no oeste fan que as borrascas atlánticas non atopen obstáculos de consideración; con todo Badaxoz está comprendido na zona de influencia do clima mediterráneo. As precipitacións son maiores que no interior e franxa oriental da península, cunha media de entre 500 e 600 mm anuais de media (Badaxoz capital: 506 mm), mentres a temperatura media anual é superior aos 15 °C[1]. Pódese falar dun clima seco e suave.
DemografíaEditar
No ano 1998, na provincia de Badaxoz habitaban 663.803 habitantes (un total de 678.103 habitantes para o ano 2005 ). O crecemento vexetativo anual era positivo, cun 0,1 por cada 1000 habitantes. As taxas de natalidade e mortalidade eran de 9,6 e 9,66 respectivamente. Badaxoz capital ten unha poboación de 134.710 habitantes no padrón do ano 1998.
ComarcasEditar
- A Serena, no leste.
- A Terra de Barros, ocupa grande parte do centro da provincia.
- Llanos de Olivenza, no oeste, nos confíns con Portugal.
- A Serra no sur.
Ao norte do Guadiana, fican: no centro as Vegas del Guadiana, e a oeste os denominados Baldíos de Alburquerque.
Núcleos urbanosEditar
Os municipios máis poboados da provincia de Badaxoz (INE 2007) son:
- Badaxoz (145.257 habitantes).
- Mérida (54.894 habitantes), capital da comunidade autónoma.
- Don Benito (34.540 habitantes).
- Almendralexo (31.072 habitantes).
- Villanueva de la Serena (25.318 habitantes).
- Zafra (16.014 habitantes).
- Montijo (15.711 habitantes).
- Villafranca de los Barros (13.084 habitantes).
- Olivenza (11.652 habitantes).
- Jerez de los Caballeros (9.828 habitantes).
NotasEditar
- ↑ J. Vilá Valentí, La Península Ibérica. Barcelona. Ariel. 1968, páxs. 88-69
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Badaxoz |