Almendralexo

concello estremeño da provincia de Badaxoz

Coordenadas: 38°40′59″N 6°24′33″O / 38.68306, -6.40917

Almendralexo,[1] oficialmente Almendralejo, é un concello español situado na provincia de Badaxoz, en Estremadura. É a capital da comarca da Tierra de Barros. Tiña en 2015 unha poboación de 34.265 habitantes.

Almendralexo
Almendralejo
Praza de Espronceda
Localización
Almendralexo en España
Almendralexo
Almendralexo
Almendralexo en Provincia de Badaxoz
Almendralexo
Almendralexo
PaísEspaña España
Comunidade autónomaEstremadura Estremadura
ProvinciaBadaxoz
ComarcaTierra de Barros
Outros datos
https://www.almendralejo.es/

É coñecida como «Cidade Internacional do Viño» e é a sede do consello regulador da D.O. Ribera del Guadiana, a única denominación de orixe de viño en Estremadura. Forma parte tamén da rexión do cava, segundo o seu consello regulador. Tamén é coñecida como «Cidade do Romanticismo» por ser o lugar de nacemento de dous principais poetas deste movemento literario, José de Espronceda e Carolina Coronado.

Historia editar

Demografía editar

Cunha poboación de 34.265 habitantes en 2015 é o cuarto municipio máis poboado da provincia de Badaxoz e o sexto de Estremadura.

Fonte: INE

Barrios editar

Os barrios de Almendralexo son:

  • San José
  • Las Mercedes
  • El Mercado
  • San Roque
  • La Paz
  • Centro
  • La Farola
  • San Antonio
  • Santiago
 
Igrexa da Purificación

Economía editar

A súa situación nunha das terras máis fértiles de Estremadura e cruzada pola Ruta da Prata converteu á cidade nunha urbe desenvolvida que ofrece unha puxante industria de todo tipo, ademais dunha economía baseada nos cultivos tradicionais do viño e a oliva. Almendralexo é un dos puntais económicos da comunidade autónoma e, á vez, un exemplo de vida rural tradicional, pero polo que máis é coñecida a localidade é polas súas adegas. Algunhas delas posúen os máis prestixiosos premios de viño do mundo.[Cómpre referencia]

Patrimonio editar

Irmandamentos editar

O concello de Almendralexo está irmandado co da Rúa desde 2002[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar