Distrito de Portalegre
O distrito de Portalegre é un distrito portugués pertencente na súa maior parte á provincia tradicional do Alto Alentexo, completándose con algúns concellos pertencentes ao Ribatexo. Limita ao norte co distrito de Castelo Branco, ao leste con España, ao sur co distrito de Évora e ao oeste co distrito de Santarém. Abrangue unha área de 6065 km², que o converte no 6º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 119.543 habitantes (2006), sendo a súa capital a cidade de Portalegre.
O distrito de Portalegre subdivídese nos seguintes 15 concellos:
- Alter do Chão
- Arronches
- Avis
- Campo Maior
- Castelo de Vide
- Crato
- Elvas
- Fronteira
- Gavião
- Marvão
- Monforte
- Nisa
- Ponte de Sor
- Portalegre
- Sousel
Na actual división principal de Portugal en NUTS II, o distrito intégrase na rexión do Alentexo e todos os concellos, agás Sousel, pertencen á subrexión do Alto Alentexo. Pola súa parte, Sousel intégrase no Alentexo Central. En resumo:
PatrimonioEditar
- Castelo, acueduto e muralla de Elvas
- Castelo e muralla de Marvão
- Castelo e catedral de Portalegre
- Castelo de Castelo de Vide
- Cidade romana de Ammaia
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Goberno Civil de Portalegre (en portugués)