Ribatexo
O Ribatexo[1] (Ribatejo en portugués, tamén coñecido informalmente como Borda d'Água) é unha antiga provincia (ou rexión natural) de Portugal, formalmente instituída pola reforma administrativa de 1936. Ao contrario doutras provincias que foron restauradas en 1936, o Ribatexo foi unha provincia creada totalmente de novo, dado que o seu territorio pertencía tradicionalmente á antiga provincia da Estremadura.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Santarém | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 559.048 (2011) (86,45 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua portuguesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 6.466,56 km² | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
As provincias de 1936 practicamente nunca tiveron ningunha atribución práctica, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario habitual dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.
Facía fronteira ao noroeste coa Beira Litoral, ao oeste e ao sur coa Estremadura, ao sueste co Alto Alentexo e ao norte e nordeste coa Beira Baixa.
Cando foi creada estaba constituída por 21 concellos, integrando case a totalidade do distrito de Santarém e tamén dous concellos do distrito de Lisboa e un do distrito de Portalegre. Tiña a súa sede na cidade de Santarém.
- Distrito de Lisboa: Azambuja, Vila Franca de Xira.
- Distrito de Portalegre: Ponte de Sor.
- Distrito de Santarém: Abrantes, Alcanena, Almeirim, Alpiarça, Benavente, Cartaxo, Chamusca, Constância, Coruche, Ferreira do Zêzere, Golegã, Rio Maior, Salvaterra de Magos, Santarém, Sardoal, Tomar, Torres Novas, Vila Nova da Barquinha.
A provincia pasou posteriormente a contar con 22 municipios, posto que se creou, na área do distrito de Santarém, o concello do Entroncamento (1945, por división do de Vila Nova da Barquinha).
O seu antigo territorio actualmente está repartido nas rexións do Alentexo, Centro e de Lisboa, sendo até 2002 o núcleo central da rexión de Lisboa e Val do Texo. En termos de subrexións, está repartida pola Grande Lisboa (concello de Vila Franca de Xira), Alto Alentexo (concello de Ponte de Sor) e tamén pola totalidade da subrexión da Lezíria do Tejo e case todo o Medio Texo (exceptuando o concello de Ourém).
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ribatexano.