Esta páxina trata sobre o concello portugués. Para a obra Os europeos en Abrantes, véxase o seu autor Vicente Risco.

Abrantes é un concello e cidade do distrito de Santarém (Portugal), na provincia de Ribatexo, rexión do Centro (Região das Beiras) e subrexión de Médio Tejo, cuns 18.500 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaAbrantes
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°27′52″N 8°11′52″O / 39.464444, -8.197819
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Santarém Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación39.325 (2011) Editar o valor en Wikidata (55,02 hab./km²)
Xeografía
Superficie714,69 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Texo Editar o valor en Wikidata
Altitude35 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónVicenzo de Huesca Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico292 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-abrantes.pt Editar o valor en Wikidata

É a cabeceira dun concello con 714,69 km² de superficie[2] e 39.325 habitantes (2011),[3] subdividido e 13 freguesías[4] ou parroquias e cunha densidade demográfica de 55,02 hab/km².

O concello limita polo norte con Vila de Rei, Sardoal e Mação, ao leste por Gavião, no sul con Ponte de Sor e no oeste con Chamusca, Constância, Vila Nova da Barquinha e Tomar.

Historia

editar

A orixe podería ser celta, aínda que o seu nome provén do latín Aurantes. Recibiu categoría de cidade en 1916, pola lei nº 601 de 14 de xuño. Hoxe a cidade engloba catro das freguesías: Rossio ao Sul do Tejo, São João e São Vicente e Alferrarede.

Fitos históricos principais:

Xeografía

editar

A cidade de Abrantes érguese sobre unha cuíña a 100 m da marxe dereita do Texo, dominando todo o val desde o oeste de Belver, concello do Gavião, até o concello de Constância.

Economía

editar

A cidade de Abrantes é un polo comercial e industrial da fértil rexión agrícola próxima. Ten industria metalúrxica e metalmecânica de importancia nacional, como a factoría de Mitsubshi Fuso Truck Europe. Localízase alí tamén a Tejo-Energia, cunha central termoelétrica no Pego, sendo a maior empresa do distrito de Santarém.[6]

Gastronomía

editar

As principais especialidades locais son os dóces, entre os que destacan as seguintes especialidades: Palla de Abrantes, lamprea de ovos, bolo real, broas de Abrantes, paraísos e queixo do ceo.

No peixe, destaca-se a açorda de sábalo, arroz de lamprea, peixe fritido do rio e robaliza á grella. É significativa a cantidade de pratos de peixe, debido á proximidade da cidade ao río Texo.

Na carne, destacan o cabrito asado no forno e o churrasco de porco.[7]

Artesanía

editar

Na zona de Abrantes mantéñense ofícios de cesteiros, esparteiros, oleiros e tecedores.

Feiras, festas e romarías

editar
  • A feira anual de São Matias vai dende o 24 de febreiro até o 1º domingo de marzo.
  • As festas do concello trancorren do 9 ao 14 de xuño.
  • Feira Nacional de Doçaria Tradicional, organizada pola TAGUS - Ribatejo Interior e a Câmara Municipal, celébrase na derradeira fin de semana de outubro
  • A Feira da Ladra Numismática sucede durante os primeiros sábados de cada mes, na Praça Barão da Batalha.
  • Feira Franca - Centro Histórico - 5º sábado - realízase no último sábado dos meses con 5 sábados
  • fESTA - Festival de Tunas Mistas organizado pola EstaTuna, tuna da Escola Superior de Tecnologia de Abrantes.

Poboación

editar
Número de habitantes[8]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
20.303 22.170 24.671 27.453 32.322 34.367 39.327 45.332 48.925 51.869 48.675 48.653 45.697 42.235 39.325

(Nota: Número de habitantes  "residentes", ou sexa, que tiñan residencia oficial no concello na data en que se realizara o censo)

Número de habitantes por Grupo de idades[9]
1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 2021
0-14 Anos 9 293 10 379 10 765 12 509 13 699 13 042 13 833 12 535 10 582 7 406 5 443 4 947 3 514
15-24 Anos 4 671 6 236 5 921 7 446 8 389 9 092 8 299 7 395 7 574 6 743 5 141 3 510 3 207
25-64 Anos 11 068 12 695 13 761 16 235 18 781 21 744 24 684 22 650 23 081 22 833 21 643 20 624 16 921
= ou > 65 Anos 1 871 1 977 2 315 2 944 3 248 3 898 5 053 6 095 7 416 8 715 10 008 10 244 10 687
> Idade descoñecida 17 68 16 78 171

(Nota: De 1900 a 1950 os datos refírense a poboación "de facto", ou sexa, que estaba presente no concello na data en que os censos ser levaran a cabo. Por iso, pode haber algunhas diferenzas respecto coa poboación residente) .

Freguesías

editar
 
Freguesías de Abrantes

O concello de Abrantes está dividido nas seguintes 13 freguesías:

  • Abrantes (São Vicente e São João) e Alferrarede
  • Aldeia do Mato e Souto
  • Alvega e Concavada
  • Bemposta
  • Carvalhal
  • Fontes
  • Martinchel
  • Mouriscas
  • Pego
  • Rio de Moinhos
  • São Facundo e Vale das Mós
  • São Miguel do Rio Torto e Rossio ao Sul do Tejo
  • Tramagal

Cidades irmandadas

editar

A cidade de Abrantes está irmanada con:

  1. Anuário Estatístico da Região Centro 2012 (en portugués). Lisboa: INE (Instituto Nacional de Estatística). 2013. p. 33. ISBN 978-989-25-0217-5. 
  2. Instituto Geográfico Português (2013). «Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013» Arquivado 09-12-2013 en Wayback Machine. (XLS-ZIP). Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Direção-Geral do Território. Consultado o 27 de novembro de 2017
  3. Censos 2011 Resultados Definitivos – Região Centro. Lisboa: INE (Instituto Nacional de Estatística). 2012. p. 119. ISBN 978-989-25-0184-0. 
  4. Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Suplemento, de 28/01/2013.
  5. Almeida, Andreia da Silva (2010). D. Lopo de Almeida: Memórias do 1º Conde de Abrantes. Abrantes: Câmara Municipal de Abrantes. 
  6. 100 Maiores Empresas do Distrito de Santarém (2011).
  7. Bonifácio, Lúcia (2014). O PATRIMÓNIO NATURAL E CULTURAL COMO FATORES DE MOTIVAÇÃO TURÍSTICA NO CONCELHO DE ABRANTES (en portugués). Prácticas de Máster en Historia da Arte, Patrimonio e Turismo Cultural presentado na Facultade de Artes e Humanidades da Universidade de Coimbra. 
  8. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes
  9. INE - http://censos.ine.pt/xportal/xmain?xpid=CENSOS&xpgid=censos_quadros

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar