Distrito de Santarém
O distrito de Santarém é un distrito de Portugal, que conforma o núcleo principal da provincia tradicional do Ribatexo, incluíndo tamén concellos pertencentes á Beira Baixa e á Beira Litoral. Limita ao norte co Distrito de Leiria e o Distrito de Castelo Branco, ao leste co Distrito de Portalegre, ao sur co Distrito de Évora e o Distrito de Setúbal e ao oeste co Distrito de Lisboa e o Distrito de Leiria. Abrangue unha área de 6747 km², sendo así o 3º maior distrito portugués. Conta cunha poboación de 445.599 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Santarém.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Santarém | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 57.398 (2018) (8,51 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Minderico | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 6.747 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PT-14 | ||||
O distrito de Santarém subdivídese nos seguintes 21 concellos:
- Abrantes
- Alcanena
- Almeirim
- Alpiarça
- Benavente
- Cartaxo
- Chamusca
- Constância
- Coruche
- Entroncamento
- Ferreira do Zêzere
- Golegã
- Mação
- Ourém
- Rio Maior
- Salvaterra de Magos
- Santarém
- Sardoal
- Tomar
- Torres Novas
- Vila Nova da Barquinha
Até 2002, o distrito integrábase case totalmente na rexión de Lisboa e Val do Texo, coa excepción de Mação, o único concello que pertencía á rexión Centro e á subrexión do Pinhal Interior Sul. Os restantes concellos constituían dúas subrexións de Lisboa e Val do Texo: Texo Medio e Lezíria do Texo.
Na actual división de Portugal en NUTS II, despois da redefinición das fronteiras e renomeamento da rexión de Lisboa e Val do Texo, o distrito pasou a repartirse entre as rexións Centro e Alentexo. Da Rexión Centro forman parte agora as subrexións do Texo Medio e Pinhal Interior Sul, e ao Alentexo pertence a subrexión da Lezíria do Tejo.
En resumo:
Patrimonio
editar- Santuario de Nosa Señora de Fátima
- Castelo e casco vello de Ourém
- Convento de Cristo (declarado Patrimonio da Humanidade) e castelo templario na vila de Tomar
- Castelo de Almourol, localizado nunha illa no río Texo
- Igrexas góticas e catedral de Santarém
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Distrito de Santarém |
Ligazóns externas
editar- Goberno Civil do Distrito de Santarém Arquivado 18 de novembro de 2014 en Wayback Machine. (en portugués)
- Santarém Digital (en portugués)
- Portal Distrito de Santarém (en portugués)
- Portal com Informação sobre as empresas do Distrito de Santarém (en portugués)