Convento de Cristo
O Convento de Cristo en Tomar, (Portugal), pertenceu á Orde do Temple e é un dos principais monumentos da arquitectura portuguesa. Fundado en 1162 polo Gran Mestre do Temple en Portugal, Gualdim Pais, o Convento de Cristo aínda conserva recordos deses monxes cabaleiros e dos seus herdeiros no cargo, a Orde de Cristo, que fixeron deste edificio a súa sede. Baixo o infante Henrique o Navegante, mestre da orde dende 1418, foron construídos os claustros entre a deambulatorio e a fortaleza dos Templarios, pero as maiores modificacións executáronse no reinado de Xoán III de Portugal (1529-1557). Arquitectos como João de Castilho e Diogo de Arruda procuraran expresar o poder da Orde construíndo a igrexa que acadou o seu máximo esplendor na portada principal asinada por João de Castilho e as dúas fiestras da fachada occidental, a inferior de Arruda e a superior de Castilho, e os claustros , dous deles góticos e seis en estilo renacentista de deseño de João de Castilho.
Convento de Cristo en Tomar | |
---|---|
![]() Igrexa do convento | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 39°36′14″N 8°25′09″O / 39.60389, -8.41917 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, IV |
Inscrición | 1983 (7ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 265 |
Trátase dunha construción periurbana, que se atopa no acumio dun outeiro que domina a chaira onde se estende a cidade. Está arrodeado polas murallas do castelo de Tomar. Ámbolos elementos foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco o 30 de xuño de 1983.[1]
Hoxe en día é un espazo cultural, turístico e de devoción. A arquitectura contén elementos románicos, góticos, manuelinos, renacentistas, manieristas e barrocos.
Galería de imaxesEditar
- Convento de Cristo
NotasEditar
- ↑ "Convent of Christ in Tomar" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 11 de marzo de 2015.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Convento de Cristo |
BibliografíaEditar
- Ealo de Sá, Mª. Col. Alberto Luna,El arquitecto Juan de Castillo. El constructor del mundo, Etnocantabria, 2009, ISBN 97-8846-134-9357.