Fátima, Portugal

freguesía portuguesa do concello de Ourém

Fátima é unha freguesía portuguesa do concello de Ourém, cunha área de 71,29 km² e 10 302 habitantes (2001). Densidade: 144,5 hab/km². A poboación pertence ó distrito de Santarém, na subrexión de Médio Tejo.

Fátima
Fátima, Portugal.jpg
[[Ficheiro:
Fátima en Portugal
Fátima
Fátima
|320px]]
ConcelloOurém
PaísPortugal Portugal
Superficie71,29 km²
Poboación10302 hab. (2001)
Densidade144,51 hab./km²

A localidade debe o seu nome á antiga ocupación dos musulmáns nese territorio, xa que «Fátima» foi o nome da filla preferida de Mahoma.[1]

É coñecida polas aparicións da Virxe María que tres pastorciños (Lucía de Jesús dos Santos, Francisco e Jacinta Marto) afirmaron ter entre o 13 de maio e o 13 de outubro de 1917, no lugar chamado Cova da Iria.[1]

A construción do Santuario de Fátima a partir de 1928 trouxo o desenvolvemento á localidade, conseguindo ser elevada á categoría de cidade o 12 de xuño de 1997.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Parrinder, Geoffrey (2008). Breve enciclopedia del cristianismo. Madrid: Ediciones Istmo. p. 138. ISBN 978-84-7090-406-6. Consultado o 29 de setembro de 2013. 

Véxase taménEditar

Artigos relacionadosEditar

Ligazóns externasEditar