Lourdes
Coordenadas: 43°06′N 0°03′O / 43.100, -0.050
Lourdes (en occitano Lorda) é unha cidade e comuna francesa situada nas chairas de Bigorre, ao sueste do departamento de Altos Pireneos, na rexión de Mediodía-Pireneos, a unha altitude de 400 metros. Está bañada polo río Gave de Pau que procede de Gavarnie. Os seus habitantes reciben o xentilicio en francés Lourdais.
Lourdes | ||
---|---|---|
Lorda | ||
![]() | ||
Panorámica de Lourdes coa Basílica do Rosario | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Rexión | Mediodía-Pireneos | |
Departamento | Altos Pireneos | |
Xeografía | ||
Altitude | 343–960 msnm | |
Superficie | 36,94 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 15.254 hab. (2007) | |
Densidade | 410 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 65100 | |
Alcalde | Josette Bourdeu (2014-2020) | |
Páxina oficial de Lourdes |
Desde o século XIX é un importante centro relixioso católico de peregrinación, onde tiveron lugar as visións experimentadas pola nena Bernadette Soubirous. Nesta cidade atópase a Basílica do Rosario, dedicada á Nosa Señora de Lourdes.
HistoriaEditar
Lourdes foi durante a Idade Media unha poboación fortificada, cuxa situación xeográfica fixo que fose unha importante praza forte do condado de Bigorre. O seu castelo data do século XIV, reedificado no XVI. A praza foi cedida aos ingleses polo tratado de Brétigny en 1360 e ata 1406 non foi recuperada.
Lenda do emperador CarlomagnoEditar
Cóntase que cando Carlomagno regresou da súa incursión en terras hispanas (logo da derrota de Roncesvalles), puxo sitio á praza de Lourdes que estaba ocupada polos musulmáns ao mando de Mirat. A lenda narra que durante o sitio viuse voar por encima da fortaleza unha aguia xigante que levaba no seu pico unha troita enorme que deixou caer aos sitiados. Mirat recolleu a troita e envioulla como agasallo a Carlomagno, asegurándolle que tiñan víveres suficientes para resistir o asedio. Carlomagno creuno e enviou ao seu bispo Turpin a entrevistarse co xefe da fortaleza. O resultado foi que o musulmán converteuse ao cristianismo e que tempo despois foi bautizado.
HeráldicaEditar
Como consecuencia desta lenda o brasón da cidade de Lourdes está representado por un escudo de goles con 3 torres negras ameadas sobre unha rocha de prata. Unha aguia negra coas ás abertas e cunha troita de prata no seu pico voa por enriba da torre mediana; punta en azul con 6 montes que separan os 7 vales de Lavedan bañados polo río Gave.
DemografíaEditar
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
|
MonumentosEditar
- Castelo do século XIV, reedificado no XVI. Residencia dos condes de Bigorre.
- Torre defensiva do século XIV que garda no seu interior un bo museo de artes e tradicións populares dos Pireneos.
- Santuario de Lourdes, centro de peregrinación católica entre os que destaca o Santuario da Nosa Señora de Lourdes.
- Muíño de Boly. Aquí naceu Bernardette Soubirous o 7 de xaneiro de 1844. Os seus pais eran muiñeiros e coñecidos en Lourdes como os muiñeiros de Boly.
- Casa paterna de Bernardette ou muíño Lacadé, onde vive a familia a partir de 1863. Nesta casa morreu a nai, Louise Castérot, o 8 de decembro de 1866.
- Cachot, ou calabozo, na rúa de Petits-Fossés. Serviu de cárcere noutros tempos. Aquí viviu a familia de Bernardette nun único cuarto que medía 4,40 por 4 metros. Desde este lugar saíu Bernardette a buscar leña a primeira vez que tivo as visións, o 11 de febreiro de 1858.
NotasEditar
- ↑ "Population sans doubles comptes (recensement de la population 1999)". Insee (en francés). 13 de outubro de 2016.