Occitania (rexión administrativa)
Occitania (en francés: Occitanie, en occitano: Occitània, en catalán: Occitània)[1] é unha das 13 rexións que, xunto cos territorios de Ultramar, conforman a República Francesa. A súa capital e cidade máis poboada é Tolosa, mentres que a segunda cidade máis poboada da rexión, Montpellier, retén varias administracións.
Occitania Occitanie | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
![]() | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Tolosa | ||
Cidade máis poboada | Tolosa | ||
Lingua oficial | Francés | ||
Forma de goberno | Rexión de Francia | ||
Presidenta | Carole Delga (PS) | ||
Superficie | Posto 2º | ||
• Total | 72 724 km2 km² | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 5º | ||
• Total | 5 774 185 (2015) hab. | ||
• Densidade | 79,4 hab./km2 hab./km² | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .fr | ||
Código ISO | FR-OCC | ||
No 2015 tiña 5 774 185 de habitantes e unha superficie de 72 724 km², sendo a segunda rexión máis extensa, por detrás de Nova Aquitania. Está localizada ó sueste do país, limitando ó norte con Auvernia-Ródano-Alpes, ó nordeste con Provenza-Alpes-Costa Azul, ó leste co golfo de León (mar Mediterráneo), ó sur con Andorra e España e ó oeste con Nova Aquitania.
Foi creada pola reforma territorial de 2014 coa fusión das anteriores rexións de Languedoc-Rosellón e Mediodía-Pireneos e entrou en vigor o 1 de xaneiro do 2016.
Está dividida en 13 departamentos: Alta Garona, Altos Pireneos, Ariège, Aude, Aveyron, Gard, Gers, Hérault, Lot, Lozère, Pireneos Orientais, Tarn e Tarn e Garona.
Toponimia Editar
A rexión tivo dende o 2014 ata mediados do 2016 o nome temporal de Languedoc-Rosellón-Mediodía-Pireneos (en francés, Languedoc-Roussillon-Midi-Pyrénées) foi un termo combinado baseado na suma alfabeticamente ordenada dos nomes das antigas rexións de Languedoc-Rosellón e de Mediodía-Pireneos.
O 24 de xuño de 2016, xusto na data límite do 1 de xullo, o Consello Rexional da rexión adoptou o nome de Occitania (en francés, Occitanie) despois dunha laga consulta pública. O nome procede da rexión histórica e lingüística de Occitania, máis grande que a nova rexión.
Notas Editar
- ↑ "Décret n° 2016-1264 du 28 septembre 2016 portant fixation du nom et du chef-lieu de la région Occitanie". JORF n°0227 (en francés). Secrétariat général du gouvernement. 29 de setembro de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2016.