Ariège

departamento francés
Ariège
Escudo de Ariège
Rexión Occitania
Prefectura Foix
Presidente Augustin Bonrepaux
Distritos 3
Cantóns 22
Concellos 332
Superficie 4.890 km²
Poboación (2004)
 - Total
 - Densidade

142.000 hab.
29 hab./km²
Localización de Ariège en Francia.

Ariège (09) (en occitano Arièja) é un departamento francés situado na rexión de Occitania. O departamento toma o seu nome do río Ariège, afluente do río Garona. Os seus habitantes reciben o xentilicio francés de Ariégeois.

Castelo de Foix
Castelo visto dende a vila de Foix
Bandeira do departamento

Historia Editar

O departemento foi creado durante a Revolución Francesa, o 4 de marzo de 1790 en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, fusionando os Condados de Foix e de Coserans.

Fíxose unha solicitude ante o Conseil d'État francés pra mudar o nome do departamento a Ariège-Pyrénées. De acordo aos partidarios do proxecto, a mención Pyrénées permitiría situalo mellor para así promovelo en toda Francia.

Xeografía Editar

  • Limita ao nordés con Aude, ao sueste cos Pyrénées-Orientales, ao sur con Andorra e a provincia de Lleida (España), e ao noroeste co Alto Garona.
  • Maior altura: Pica d'Estats (3.145m), na fronteira franco-española. Punto máis baixo: saída do río Lèze (203m)
  • Estrada a maior altura: Port de Pailhères (2.001m)
  • Outras cimas: Pic du Port de Sullo (3.143 m), Pic Montcalm (3.078 m), Pic des Bareytes (2.951 m), Pic de Serrère (2.912 m)
  • Principais ríos: Ariège, Salat, Lèze, Hers, Arise, Arac
  • O río subterráneo de Labouiche, de 4,5 km de lonxitude, é o máis longo navegable do mundo.
  • Maior lago: Lac de Montbel (5 km²)
  • Lagoas de Bethmale (10 ha), de Mondély, de Labarre, de Bompas, de Sainte-Croix-Volvestre. Lagos de Peyrau, de Saint-Ybars
  • Grutas: Le Mais-d'Avril, Niaux, Lle Portel, Bédeilhac, gruta de Les Trois-Frères, Lombrives (as maiores de Europa), Vache-Alliat

Demografía Editar

Evolución demográfica (poboación censada)
1801 1831 1841 1851 1856 1861 1866
196.454 253.730 265.607 267.435 251.318 251.318 250.436
1872 1876 1881 1886 1891 1896 1901
246.298 244.795 240.601 237.619 227.491 219.641 210.527
1906 1911 1921 1926 1931 1936 1946
205.684 198.725 172.851 167.498 161.265 155.134 145.956
1954 1962 1968 1975 1982 1990 1999
140.010 137.192 138.478 137.857 135.725 136.455 137.205

Notas:

  • As fronteiras definitivas con Andorra fixáronse o 14 de abril de 1862. Os límites con España -rectificados en 1856, 1862, 1863 e 1866- fixáronse definitivamente o 14 de xuño de 1906. As modificacións producidas dende 1801 ata esa data non implicaron transferencia de poboación.

As maiores cidades do departamento son (datos do censo de 1999):

  • Pamiers 13.417 habitantes; 17.715 na aglomeración.
  • Foix: 9.109 habitantes; 10.378 na aglomeración.
  • Saint-Girons: 6.254 habitantes, 9.484 na aglomeración
  • Lavelanet: 6.872 habitantes, 7.628 na aglomeración

Ligazóns externas Editar