Río Garona
O río Garona (en occitano: Garona, en francés: Garonne, en latín: Garumna) é un río que flúe por España e Francia, e que ten unha lonxitude de 647 km.
Río Garona | |
---|---|
O Garona o seu paso por Tolosa | |
País | España, Francia |
Altitude | 1870 msmn |
Lonxitude | 647 km |
Caudal medio | 700 m³/s |
Desembocadura | Océano Atlántico |
Situación do río Garona en mapa | |
Percorrido
editarNace na Pla de Beret, no Val de Arán, Lleida, España, a uns 1.870 m de altitude, para dirixirse decontado cara a occidente e logo ao norte atravesando todo o Val de Arán. Posteriormente incúrvase en arco, tomando dirección noroeste que o levará a desembocar no océano Atlántico, formando o amplo estuario, 75 km, da Xironda (Gironde).
Conca e caudal
editarA súa bacía abrangue unha área de 55.000 km². O seu caudal medio, na foz, en Bordeos, é de 700 m³/s.
Afluentes
editarO río ten numerosos tributarios. Cómpre destacar, e en orde desde a fonte á foz, e correspondentes lonxitudes:
Cidades que atravesa
editarDurante o seu percorrido baña as cidades francesas de Agen, Tolosa (Toulouse) e Bordeos
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Garonne |