Aude
![]() | |
Rexión | Occitania |
Prefectura | Carcasona |
Presidente | Marcel Rainaud |
Distritos | 3 |
Cantóns | 35 |
Concellos | 438 |
Superficie | 6139 km² |
Poboación (1999) - Total - Densidade |
309.770 hab. 50 hab./km² |
![]() | |
Localización de Aude en Francia. |
Aude (11) é un departamento de Francia cuxa capital é Carcasona. Forma parte da rexión de Occitania. O seu xentilicio en francés é Audois. Das tres patrias da cassoulet (Carcasona, Castelnaudary e Tolosa), dúas atópanse en Aude.
HistoriaEditar
O departamento de Aude foi un dos oitenta e tres creados o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789. As súas fronteiras abarcan o que anteriormente foi unha parte da provincia de Languedoc.
XeografíaEditar
- Está limitado polos departamentos de Hérault ao nordeste, Tarn ao norte, Alta Garona ao noroeste, Ariège ao suroeste, Pireneos Orientais ao sur, e polo mar Mediterráneo (47 km de costa) ao leste.
- Por Aude pasan os ríos Aude, Orbieu e Hers.
- Punto máis alto: Pic du Madrès (2.469m). Punto máis baixo: 0m (costa mediterránea)
- Estrada máis alta: Col du Pradel (1.679m)
- Outros cumios: Pic du Bernard-Sauvage (2.423m), Picaucel (2.027m), La Glèbe (2.024m)
- Maior lagoa: Étang de Bages-et-de-Sigean (45 km²)
- Estanques salgados: Étang de Salses-Leucate (110 km², compartido cos Pireneos Orientais), Étang de Gruissan (25 km²), Étang de l'Ayrolle e Étang de Campignol (16 km² entre ambos), Étang de Lapalme
- Lagos de l'Estrade e Étang de Pissevaches
- Desfiladeiros da Pierre-Lys, Gorges de Galamus, da Frau, do Orbieu, do Aude
- Grutas de Limousis, de Laguzou, de Cabrespine (sima xigante)
ClimaEditar
O clima de Aude é predominantemente mediterráneo.
O outono caracterízase por tormentas violentas e rápidas. O verán é a miúdo cálido e seco, o que favorece o cultivo da vide e a oliveira. Mais, o departamento é unha terra de contrastes:
No norte, a Montagne Noire (montaña negra) e, no sur, o país de Sault teñen climas de montaña, con temperaturas ás veces moi baixas en inverno.
No oeste, o clima é de tipo aquitano, con precipitacións máis importantes, mentres que no leste o clima é puramente mediterráneo.
No centro, na rexión Limouxine, Carcassonnaise e do Razès, o clima é intermedio, con exposicións importantes aos ventos. Os ventos están a miúdo presentes no Aude. É un dos departamentos franceses máis ventosos con 300 a 350 días de vento por ano. Este fenómeno débese principalmente aos relevos setentrionais e meridionais que forman un corredor.
No noroeste sopra o Cers, chamado Tramontane en Provenza, que é un vento de terra. É un vento seco e violento e frío en inverno. Ao contrario, sopra o Autan que é cálido e húmido e procede do mar ao sueste. Estes ventos regulares permitiron instalar centrais eólicas como en Avignonet-Lauragais.
DemografíaEditar
1801 | 1831 | 1841 | 1851 | 1856 | 1861 | 1866 |
---|---|---|---|---|---|---|
225.228 | 270.125 | 284.285 | 289.747 | 282.833 | 283.606 | 288.626 |
1872 | 1876 | 1881 | 1886 | 1891 | 1896 | 1901 |
285.927 | 300.065 | 327.942 | 332.080 | 317.372 | 310.513 | 313.531 |
1906 | 1911 | 1921 | 1926 | 1931 | 1936 | 1946 |
308.327 | 300.537 | 287.052 | 291.951 | 296.880 | 285.115 | 268.889 |
1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
268.254 | 269.782 | 278.323 | 272.366 | 280.686 | 298.712 | 309.770 |
As maiores cidades do departamento son (datos do censo de 1999):
- Narbona 46.510 habitantes; a aglomeración fórmaa un único municipio.
- Carcasona: 43.950 habitantes; a aglomeración fórmaa un único municipio.
- Castelnaudary: 10.851 habitantes, 11.876 na aglomeración.
EconomíaEditar
Con pouca importancia da industria (centrada nas cidades principais e en Port-la-Nouvelle), os principais recursos proveñen da agricultura (principalmente a vide) e, sobre todo, do turismo. Lugares de interese son a cidade fortificada de Carcasona, o conxunto monumental de Narbona, a abadía de Fontfroide, os castelos de Peyrepertuse e Quéribus e a reserva africana de Sigean, entre outros.
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aude |