Narbona

cidade de Francia

Coordenadas: 43°11′01″N 03°00′15″L / 43.18361, -3.00417

Narbona[1] (en francés: Narbonne, en occitano: Narbona) é unha cidade situada na costa mediterránea francesa, no departamento de Aude, na rexión de Occitania (ata 2014 en Languedoc-Rosellón), ao sur do país.

Narbona
Narbonne
Fr narbona.png
Blason ville fr Narbonne.svg
Montage photo narbonne.jpg
Vistas da cidade
Localización
Narbona en Francia
Narbona
Narbona
PaísFrancia Francia
RexiónOccitania
DepartamentoAude
DepartamentoDistrito de Narbona
Xeografía
Altitude0-285 msnm
Superficie172,96 km²
Demografía
Poboación54 700 hab. (2017)
Densidade300 hab/km²
XentilicioNarbonés
Outros datos
Código postal11100
AlcaldeDidier Mouly
Páxina oficial de Narbona

HistoriaEditar

Os romanos fundárona no ano 118 a.C., baixo o nome de Colonia Narbo Martius. Estaba situada na vía Domitia, o primeiro camiño romano na Galia, que permitía enlazar Italia e España. Narbona era a capital da Narbonense, provincia romana creada na mesma época. Foi ata o fin do Imperio romano unha das cidades máis importantes da Galia cunha superficie de máis de 2 km². No ano 462, Narbona foi integrada ao reino visigodo de Tolosa ata o 718, que foi ocupada polos musulmáns que viñan de España ata o 759. Logo desta data, Narbona quedou definitivamente dentro do reino dos francos.

AdministraciónEditar

Narbona é a capital de tres cantóns:

  • O cantón de Narbona Leste, formado por unha parte de Narbona (16.851 habitantes).
  • O cantón de Narbona Oeste, formado por unha parte de Narbona e dos municipios de Bizanet, Canet, Marcorignan, Montredon-des-Corbières, Moussan, Névian, Raissac-d'Aude e por Villedaigne (21.459 habitantes).
  • O cantón de Narbona Sur, formado por unha parte de Narbona e polo municipio de Bages (16.043 habitantes).

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para narbonés.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar