Palacio dos arcebispos de Narbona

O palacio dos arcebispos de Narbona (Francia) é un conxunto monumental formado polo palacio vello, as torres da Magdalena e San Marcial, o palacio novo e a Catedral de San Xusto e San Pastor. Forman un complexo arquitectónico excepcional, con mostras de arquitectura carolinxia, románica, gótica e renacentista.

Palacio dos arcebispos de Narbona
Palacio dos arcebispos de Narbona
Coordenadas43°11′03″N 3°00′13″L / 43.1842, 3.00374
editar datos en Wikidata ]

De dereita a esquerda sitúanse a catedral, o Palacio Vello, a torre da Magdalena (unida por un arco coa torre de San Marcial, do século XIV), o Palacio Novo, a Casa da Vila ou casa do concello, (construído entre 1846 e 1852 por Viollet-le-Duc, en estilo trobadoresco), e a torre de Gil Aicelin, edificada entre 1290 e 1311, que ten unha altura de 40 metros. A entrada da torre de San Marcial ten unha áncora que simboliza os dereitos feudales do arcebispo sobre a navegación polo litoral. Dentro do conxunto atópase tamén o Museo Arqueolóxico de Narbona. O conxunto pasou a ser propiedade nacional durante a Revolución francesa e foi mercado pola vila ós arcebispos en 1840.