Palacio novo de Narbona

O palacio novo de Narbona é a parte nova do conxunto monumental de Narbona, en Francia, formada polo palacio dos arcebispos de Narbona e a Catedral de San Xusto e San Pastor.

Palacio novo de Narbona
Unha das ás do Palacio Novo
Coordenadas43°11′02″N 3°00′13″L / 43.183946, 3.003571
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

O palacio está situado na dereita da paisaxe da áncora, abríndose unha porta que domina o acceso á zona do palacio vello. O torreón de Gil Aicelion, próximo á porta do mesmo nome, foi edificada para afirmar a autoridade do arcebispo sobre os vicecondes que tiñan a súa residencia enfronte, así como para vixiar a ponte e o porto. Ten 162 banzos e un torreón na parte superior desde o que se divisa un panorama espléndido. Ten unha sala, chamada sala do tesouro, con esculturas medievais. Ó lado do edificio está o sínodo, do século XIV, construído para ampliar o palacio. Na parte norte do torreón levántase a torre de San Marcial.

Unhas obras dos séculos XVII e XVIII modificaron o seu aspecto e construíronse fachadas clásicas; en 1846 Viollet-le-Duc edificou a á este que corresponde á casa do concello da cidade.

Na parte baixa está a sala dos cónsules, cunha serie de piares, que foi dedicada ós antigos cónsules da vila, con diversos elementos relativos a estes. Por unha escaleira edificada en 1628 pásase á zona do palacio. A sala dos sínodos era aquela na que o arcebispo celebraba as recepcións e onde se levaban a cabo moitas reunións dos Estados Xerais de Languedoc, asemblea provincial que, antes da Revolución Francesa, se reunía cada ano nunha cidade diferente da provincia. Inicialmente tiña o dobre de altura da que ten agora. Os arcos levantáronse no século XVII para permitir a construción dun piso suplementario. Nas paredes hai catro tapicerías de Aubsson do século XVII, representan a historia bíblica de Esther. Hoxe utilízase coma sala de concertos e para as recepcións ofertadas pola cidade, así como para as reunións públicas do consello municipal. No segundo andar están os departamentos do arcebispo, hoxe en día convertidos no museo de arte e historia de Narbona.