Languedoc-Rosellón
Languedoc-Rosellón[3][4] ou Languedoc-Roselló[5][6] (en catalán: Llenguadoc-Rosselló, en francés: Languedoc-Roussillon, en occitano: Lengadòc-Rosselhon) é unha antiga rexión francesa que agrupaba cinco departamentos. Estaba bordeada ao sur por España e o mar Mediterráneo (golfo de León) e mais as rexións de Provenza-Alpes-Costa Azul, Ródano-Alpes, Auvernia e Mediodía-Pireneos. Moitos elementos naturais a rodean: os Pireneos, despois as terras do Lauragais, os Cévennes e o río Ródano. Moitos xeógrafos[quen?] falaban dun anfiteatro que mira ao mar, en relación ás montañas e as chairas languedocianas e rosellonesas.
Languedoc-Rosellón | |||
---|---|---|---|
Llenguadoc-Rosselló Languedoc-Roussillon Lengadòc-Rosselhon | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Montpellier | ||
• Poboación | 251.634 (2006) | ||
Lingua oficial | Francés2 | ||
Forma de goberno | Rexión de Francia | ||
Presidente | Damien Alary | ||
Superficie | Posto 9º | ||
• Total | 27.376 km² | ||
Poboación | Posto 9º | ||
• Total | 2 594 000 (est. 2008) hab. | ||
• Densidade | 95 hab./km² | ||
Xentilicio | languedociano[1] rosellonés/esa[2] | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .fr | ||
Código ISO | FR-K | ||
1 Fálase catalán na parte sur e occitano no resto do territorio. 2 Malia ser segundo as leis francesas o francés a única lingua oficial, o Consello Xeral dos Pireneos Orientais aprobou unha resolución legal na que se lle daba unha certa oficialidade ás linguas catalá e occitana nese departamento. | |||
Os seus cinco departamentos eran herdeiros das provincias do Antigo réxime do Languedoc e Rosellón. Eran: o Aude (número 11), o Gard (número 30), o Hérault (número 34), o Lozère (número 48) e os Pireneos Orientais (número 66).
No 2004 o consello rexional adoptou un novo logotipo simbolizando o sol, e que levaba a divisa: "Vivir na Septimania".
Dende o 1 de xaneiro de 2016 forma parte administrativamente da nova rexión de Occitania.[7]
Historia Editar
- Artigo principal: Historia do Languedoc-Rosellón.
Na época antiga, o Languedoc-Rosellón formaba a provincia Narbonense, incorporada ben cedo ao Imperio romano. No século V, os visigodos instaláronse aquí, fundando a Septimania. Esta provincia foi temporalmente dominada polos árabes, antes de ser conquistada por Carlos Magno, que a denominou marca de Gothie. Na época feudal tivo lugar unha grande fragmentación política: os condados do Rosellón e de Cerdaña, de lingua catalá, pasaron á órbita do reino de Aragón, mentres que o Baixo Languedoc pasou baixo a dominación da casa Trencavel; despois, tras a cruzada albixense baixo a do rei de Francia. O tratado de Corbeil de 1258 ratifica esta división: os Corbières formaban a fronteira entre o reino de Francia e o reino de Aragón. En 1659 o tratado dos Pireneos incorporou o Rosellón e o norte da Cerdaña ao reino de Francia, pero as provincias do Languedoc e do Rosellón quedaron separadas administrativamente.
Administración Editar
- Artigo principal: Consello rexional do Languedoc-Rosellón.
Política Editar
A política no Languedoc-Rosellón estivo dominada durante tempo pola oposición entre dous persoeiros: Jacques Blanc (presidente do consello rexional durante 18 anos) e Georges Frêche, o seu adversario socialista que o sucedeu en marzo de 2004. Os exministros Claude Allègre e Jean-Claude Gayssot son orixinarios da rexión.
Xeografía Editar
A antiga rexión do Languedoc-Rosellón é moi heteroxénea. A chaira litoral contrasta coas zonas montañosas de Cévennes e os Pireneos, pasando polas mesetas calcarias. As costas rochosas dos Pireneos alternas coas longas praias de area protexendo as bastas lagoas (lagoa de Thau, de Vendres, do Méjean...).
Economía Editar
A economía do Languedoc-Rosellón baseábase nun único factor esencial, o "sol", ao servizo de dous sectores vitais: o turismo e a agricultura.
Notas Editar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para languedociano.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rosellonés.
- ↑ Véxase a entrada de «Perpiñán». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1618. ISBN 9788482893600.
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rosellonés.
- ↑ Criterios para o uso da lingua, SNL da Universidade da Coruña, 2012.
- ↑ "Loi n° 2015-29 du 16 janvier 2015 relative à la délimitation des régions, aux élections régionales et départementales et modifiant le calendrier électoral" (en francés). 16 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén Editar
A Galipedia ten un portal sobre: Francia |