Santuario de Fátima
O Santuario da Nosa Señora do Rosario de Fátima (máis coñecido sinxelamente como Santuario de Fátima), atópase na Cova da Iria, freguesía de Fátima (Portugal), e é un dos máis importantes santuarios marianos do mundo. O santuario atópase a 11 quilómetros da cidade de Ourém, a 25 quilómetros de Leiria, a 120 quilómetros de Lisboa, a 180 quilómetros de Porto e está aproximadamente a 300 metros por enriba do nivel do mar, en pleno macizo calcáreo de Estremadura.
Santuario de Fátima | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | santuario mariano, patrimonio cultural e santuario internacional ![]() | |||
Epónimo | Nosa Señora de Fátima ![]() | |||
Parte de | Rede Mariana Europea ![]() | |||
Estilo | neobarroco ![]() | |||
Material usado | pedra ![]() | |||
Diocese | Diocese de Leiria-Fátima (pt) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Santarém | |||
Concello | Ourém | |||
Freguesía | Fátima ![]() | |||
Localización | Cova da Iria ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 13 de maio de 1928 e 7 de outubro de 1953 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Fundador | Sor Lucía ![]() | |||
Dedicado a | Santa María e Nosa Señora de Fátima ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Sen protección legal | ||||
Composto por | ||||
Cruz Alta, Basílica de Nosa Señora do Rosario, Capela das Aparicións e Basílica da Santísima Trindade no Santuario de Fátima ![]() | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | fatima.pt… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarEn 1917, Lucía dos Santos, Francisco Marto e Jacinta Marto (coñecidos como "os tres pastorciños"), afirmaron ter presenciado varias aparicións da Virxe María. Nunha desas aparicións díxolles que construísen unha capela naquel lugar, que hoxe en día é a parte central do santuario onde está gardada unha imaxe da virxe. Co paso do tempo, o santuario medrou, ata hoxe en día, no que existen xa dúas basílicas, aumentado así a capacidade de acollida dos peregrinos no recinto aberto.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santuario de Fátima |
Ligazóns externas
editar- Santuario de Nosa Señora de Fátima – Sitio web oficial (en castelán)
- Capelinha das Aparicións – Emisión en directo (en castelán)
- Peregrinos de Fátima – Páxina oficial (en castelán)