Río Texo

río da Península Ibérica

O Texo (Tajo en castelán; Tejo en portugués) é o río máis longo da Península Ibérica, que atravesa na súa parte central, seguindo un rumbo leste-oeste, cunha leve inclinación cara ao suroeste. Nace na Fuente de García, na Serra de Albarracín, que pertence aos Montes Universales (Teruel), a 1.593 m de altitude, e desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla, no que verte un caudal medio de 444 m³ por segundo.

Texo
Castelo de Rodao.jpg
PaísEspaña España e Portugal Portugal
NacementoFuente de García, Serra de Albarracín, Teruel
Altitude1.593 msnm
Lonxitude1.008 km
Conca80.600 km²
Caudal medioTrillo: 18,76 m³/s
Aranjuez: 33,32 m³/s
Toledo: 43,30 m³/s
Portugal Lisboa: 444 m³/s
DesembocaduraOcéano Atlántico
Cuenca Tajo Ibérica.png
Percorrido do río Texo na península ibérica

CaracterísticasEditar

Percorre unha lonxitude de 1.008 km, 816 deles por territorio español, onde discorre por catro comunidades autónomas (Aragón, Castela-A Mancha, Madrid e Estremadura) e un total de seis provincias (Teruel, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Toledo e Cáceres).

Logo de formar fronteira entre España e Portugal ao longo de 47 km, entra neste último país.[1] Aquí percorre 145 km, a través das rexións tradicionais de Alto Alentexo, Ribatexo e Estremadura, nas que se integran os distritos de Portalegre, Santarém e Lisboa.

Nas súas beiras érguense cidades españolas como Aranjuez, Toledo e Talavera de la Reina, e portuguesas como Abrantes, Santarém e Lisboa.

A súa conca ten unha superficie total de 80.600 km². É a de maior poboación da Península Ibérica, con máis de dez millóns de habitantes. Nela intégranse as áreas metropolitanas de Madrid e Lisboa.

A conca do Texo alcanza unha capacidade total de encoro ao redor dos 14.500 hm³. Polo que respecta ao territorio español, atópase regulada pola Confederación Hidrográfica del Tajo, organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O Transvasamento Texo-Segura deriva parte do caudal do río cara á zona suroriental de España.[2]

O seu curso alto está incluído dentro do Parque Natural do Alto Texo, na provincia de Guadalaxara. Tamén o seu curso medio-baixo está protexido legalmente, mediante o Parque Nacional de Monfragüe, localizado na provincia de Cáceres. Máis adiante atópase Parque Natural do Texo Internacional, entre a provincia de Cáceres e Portugal. Na súa desembocadura atópase a Reserva Natural do Estuario do Texo.

Os seus principais afluentes son: Jarama, Guadarrama, Alberche e Alagón, pola dereita; e Guadiela e Salor pola esquerda.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. O tramo de 47 km nos que o río delimita a fronteira entre España e Portugal é coñecido como Texo Internacional.
  2. Portal Auga (n/d). Portal Auga, ed. "¿Cómo funciona el trasvase Tajo-Segura?" (en castelá). Arquivado dende o orixinal o 2007. Consultado o 25 de novembro 2009. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar