Río Jarama
O río Jarama[1] é un curso fluvial español, un dos afluentes máis importantes do río Texo. Nace na beira da Peña Cebollera, tamén coñecida como Pico de las Tres Provincias), na serra de Ayllón, Sistema Central), xusto na confluencia entre as provincias de Madrid, Guadalaxara e Segovia, xunto ao faial de Montejo.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Altitude inicial | 2.119 m | ||||
División administrativa | provincia de Guadalaxara, España e Comunidade de Madrid, España | ||||
Localización | Peña Cebollera | ||||
Final | |||||
Altitude final | 482 m | ||||
Localización | Río Texo | ||||
| |||||
Afluentes | Río Lozoya, Guadalix (en) , Río Manzanares, Jaramillo River (en) , Río Henares, Río Tajuña, Arroyo de las Hoces (en) , Arroyo Vallosera (en) , Q5706133 , Bodonal Stream (en) , Berbellido River (en) , Arroyo de San Benito (en) | ||||
Conca hidrográfica | conca hidrográfica do Texo | ||||
Características | |||||
Dimensións | 194 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 11.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 31,7 m³/s | ||||
Percorrido
editarDiscorre polas provincias de Guadalaxara e Madrid. Os seus principais afluentes son, pola marxe dereita, os ríos Lozoya, Guadalix e Manzanares; e, pola esquerda, o Henares e o Tajuña.
No primeiro treito do seu percorrido, bordea o faial de Montejo, constituíndo o límite entre as provincias de Madrid e Guadalaxara. Intérnase na provincia de Guadalaxara á altura de La Hiruela, discorrendo por Colmenar de la Sierra, Matallana e El Vado, onde as súas augas son represadas no encoro que leva o nome da antiga poboación anegada (El Vado). Entra de novo na provincia de Madrid á altura de Patones de Abajo, recibindo o caudal do río Lozoya. A partir de aquí, segue unha dirección norte-sur, pasando por Talamanca de Jarama e, deixando á súa dereita o municipio de Madrid á altura do Aeroporto de Madrid-Barajas. O río tivo que ser levemente desviado durante a última ampliación do aeroporto, con obxecto de construír a pista 15R-33L.
Pasado o aeroporto recibe os seus principais afluentes: Henares, Tajuña e Manzanares. Finalmente desemboca no río Texo un pouco antes de chegar a Aranjuez, constituíndo alí a maior parte do seu caudal.
Notas
editar- ↑ "Jarama". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1156-1157.