O Faial de Montejo é unha masa boscosa localizada no municipio madrileño de Montejo de la Sierra.

Faial de Montejo.

Características

editar

Trátase dunha masa boscosa de máis de 100 hectáreas de gran valor paisaxístico e ecolóxico; na que se mesturan faias e carballos. Considérase o faial máis meridional de toda Europa.

Protección

editar

No 1974, por medio do Decreto 2868/1974, do 30 agosto, declarouse o lugar coma Sitio natural de interese nacional. Posteriormente no 2005, englobouse dentro da Reserva da Biosfera da Serra do Rincón. O lugar recibe unha grande afluencia de visitantes e unha variada rede de sendeiros permite o seu coñecemento. Para evitar o impacto destas afluencia humana regulouse o número de visitantes por día mediante un plan de uso público.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Guía turística del canal de Isabel II. La Sierra del Agua. El Pais/Aguilar, 2005 (en castelán)