Reserva da Biosfera da Serra do Rincón

A reserva da biosfera da Serra do Rincón sitúase no extremo nordés da Comunidade de Madrid.

Reserva da Biosfera da Serra do Rincón en Puebla de la Sierra.

Esta reserva abarca 15000 hectáreas, distribuída en cinco municipios: La Hiruela, Horcajuelo, Montejo de la Sierra, Prádena del Rincón e Puebla de la Sierra. A agricultura e oficios tradicionais permitiron a conservación da zona, mais tamén o despoboamento.Debido ós seus valores ecolóxicos, culturais (presenza de arquitectura popular) e paisaxísticos, a reserva foi declarada oficialmente en xuño de 2005 pola UNESCO.

Existen múltiples especies vexetais e animais de interese. Os bosques adoitan ser variados con presenza das faias, carballos, aciñeiras e piñeiros. Mais tamén existe a vexetación de ribeira, as praderías e os pastos. Entre a fauna, salientar o voitre leonado, a aguia real, o corzo, o cervo, o xabarín e o raposo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Guía turística del canal de Isabel II. La Sierra del Agua. El Pais/Aguilar, 2005 (en castelán)