Cervo
Coordenadas: 43°40′17.75″N 7°24′38.61″O / 43.6715972, -7.4107250
Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».
Cervo | |
---|---|
![]() ![]() | |
Encoro da antiga fábrica de Sargadelos. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | cervense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Mariña Occidental |
Poboación | 4.218 hab. (2020)[2][3] |
Área | 78,3 km²[3] |
Densidade | 53,87 hab./km² |
Entidades de poboación | 6 parroquias[4] |
Política (2019 [5]) | |
Alcalde | Alfonso Villares Bermúdez (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 2 |
Eleccións municipais en Cervo | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 59,23% |
Na rede | |
www.cervo.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo Total | 4.369 (2014) |
Menores de 15 anos | 389 (8.9%) |
Entre 15 e 64 anos | 2.943 (67.36%) |
Maiores de 65 anos | 1.037 (23.73%) |

Evolución da poboación de Cervo Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
4.838 | 4.532 | 5.069 | 9.639 | 4.978 | 4.595 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
Cervo está situado ao norte da provincia de Lugo, a media distancia entre Viveiro e Ribadeo.
HistoriaEditar
No Antigo Réxime os territorios do concello pertencían á xurisdición de San Cibrao e ao couto redondo de Burela, pertencentes á súa vez á provincia de Mondoñedo. Coa primeira división de Galiza en concellos, Cervo pertencía ao partido de Viveiro. Entre 1835 e 1840 estivo dividido en dous: San Cibrao (parroquias de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe) e San Xulián de Nois (parroquia de Santa María de Burela). Esta división mantívose até 2002, cando se independizou o concello de Burela.
Escudo de CervoEditar
O 20 de setembro de 2001 aprobouse a modificación do escudo heráldico do concello de Cervo. O deseño do escudo quedou como:
EconomíaEditar
Malia que boa parte da economía local depende do sector primario (agricultura, gandería e pesca), tamén existe sector industrial e turístico.
O valor industrial da zona naceu por mor da existencia de terreos arxilosos e de caolín na zona. Isto permitiu a creación de factorías de ladrillos, tellas e louza, destacando a cerámica de Sargadelos a finais do século XVIII. Na actualidade a principal industria é a empresa Alcoa Europe (entre os concellos de Cervo e Xove).
FestasEditar
Amais das festas parroquiais, existen no concello varias festas gastronómicas, como a festa do ourizo (en marzo) e a festa do mexillón (abril) en San Cibrao. Esta aldea acolle tamén a festa da Maruxaina, celebrada o segundo sábado de agosto desde 1985, e declarada de interese turístico en 2002. Os veciños reúnense pola mañá vestidos de época (os homes de mariñeiros, con pantalón azul, camisa branca e boina, e as mulleres de loito, con saia longa, mandil, camisa e pano na cabeza). Percorren a aldea co son das gaitas e os cornos, hai xantar popular na praia e celebración de xogos populares. Coa chegada da noite, a Maruxaina chega en chalanas desde Os Farallóns, e é levada á praza onde ten lugar un xuízo para decidir se é queimada ou indultada. Tralo indulto, comézase unha gran queimada.
O sábado seguinte ao 16 de agosto ten lugar en Cervo a queimada popular, declarada en 2001 festa galega de interese turístico. Logo dunha representación teatral da loita entre o ben e o mal, faise o conxuro da queimada e repártese a augardente.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cervo.
Parte de Alcoa/S.Cibrao no concello de Cervo, dende o porto de Morás.
Lugares de CervoEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cervo vexa: Lugares de Cervo.
ParroquiasEditar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervo | |
---|---|
Castelo (San Xiao) | Cervo (Santa María) | Lieiro (Santa María) | Rúa (Santa María) | San Román de Vilaestrofe (San Román) | Sargadelos (Santiago) |
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2020) "Cervo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Cervo". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ "DECRETO 273/2001, de 20 de septiembre, por el que se aprueba la modificación del escudo del Ayuntamiento de Cervo (Lugo)." (pdf). Diario Oficial de Galicia nº 200. Xunta de Galicia. 16 de novembro de 2001.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cervo |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |