Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés
Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba y Llano Valdés, nado en Ferreirela de Baxo[1] (Santalla de Ozcos) o 17 de outubro de 1749 e finado en Dompiñor (Ribadeo) o 2 de febreiro de 1809, foi un ilustrado e industrial asturiano. Creou en Sargadelos o primeiro alto forno da industria española e unha fábrica de louza, polo cal foi nomeado tras a súa morte Marqués de Sargadelos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1749 Santalla de Ozcos, España |
Morte | 2 de febreiro de 1809 (59 anos) Dompiñor, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Traxectoria
editarChegou a Ribadeo no 1768, e ó ano seguinte xa era administrador da casa de Guimarán, por encargo do ribadense emigrado ó territorio do Perú Bernardo Rodríguez de Arango y Mon[2]. Impulsou a industrialización da zona, creando primeiro unha ferrería e logo toda unha industria en Sargadelos, na que chegou a fabricar armas e vaixelas finas. Igualmente, impulsou o comercio, que foi a base da súa fortuna persoal, tanto por mar como no interior da península, de liño e alcohol, e xestionou minas. Nos tempos da guerra da Independencia, os seus inimigos políticos e económicos conseguiron o seu linchamento en Dompiñor (Piñeira, Ribadeo) o 2 de febreiro do ano 1809, día no que a turba entrou na súa casa en Ribadeo e saqueouna.[2]
As súas fábricas en Sargadelos continuaron funcionando ata o ano 1875, sendo poxadas no 1878.
O título de Marqués foille outorgado tras a súa morte, seguindo na familia ata a actualidade.
Galería de imaxes
editar-
Pazo do Marqués en Sargadelos
Notas
editar- ↑ Pangallaica.com (2008). "Santalla de Oscos: Tierra natal del Marqués de Sargadelos". Consultado o 28 de setembro 2008.
Don Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, nació en la aldea de Ferreirela, donde aún quedan restos de su casa natal.
- ↑ 2,0 2,1 "Ribadeo en el fulgor y muerte de Antonio R. Ibáñez". La Voz de Galicia. 1 de agosto de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, A. (1952). "Ibáñez, Antonio Raimundo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 229.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Isaac Díaz Pardo (2 de febreiro de 2009). "O asasinato do creador de Sargadelos". La Voz de Galicia. Archived from the original on 14 de febreiro de 2009. Consultado o 03 de setembro de 2018.
- Daniel Salgado (30 de xaneiro de 2009). "A imposíbel revolución industrial". El País.