Azur
Azur[1] é a cor azul heráldica. Trátase dun azul intenso. Nalgúns textos heráldicos tamén se refiren a esta cor como zafiro, celeste e turquí. É unha das cores empregadas nos vervos.

Etimoloxía
editarO seu nome vén do francés "azur", referido ao azul do mar. Tamén se sostén que provén dos termos "lāzūr" ou "Lazurt" que en árabe e persa queren dicir "cor azul". Esta última teoría é a máis probable, pois os cruzados, cando volveron aos seus países de orixe, tinguiron toda a súa heráldica con verbas daquelas terras.
Representación
editarCorrespóndese un azul intenso. Para a representación en cor non existe definición das súas características nos textos heráldicos. Todos os sistemas de definición numérica das cores son modernos.
Para a representación en branco e negro empréganse liñas horizontais paralelas.
Notas
editar- ↑ Entrada no Gran Dicionario Xerais da Lingua. Edicións Xerais de Galicia.