Abrir o menú principal

Azur (satélite)

Satélite artificial de Alemaña.

Azur é o nome dun satélite artificial alemán lanzado en colaboración coa NASA o 8 de novembro de 1969 mediante un foguete Scout B desde a base Vandenberg das Forza Aérea.

Azur
Azur.jpg
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónNASA/BMWF
Satélite deTerra
Data de lanzamento8 de novembro de 1969[1][2][3]
Foguete portadorScout B[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónEstudio dos cintos de radiación terrestres.[2][4][5]
NSSDC ID1969-097A
Masa70,7 kg[2][4][6]
Datos orbitais
Semieixo maior7324,7 km[1]
Inclinación102,7 graos[1]
Apoapse1537,0 km[1]
Periapse370,3 km[1]

CaracterísticasEditar

A misión de Azur consistiu en obter datos sobre os cintos de radiación da Terra. Para elo adicouse a obter o espectro de enerxía dos protóns e electróns da zona interior dos cintos, a medir os fluxos de electróns con enerxía maior de 40 keV e direccións paralelas, antiparalelas e perpendiculares ás liñas de campo magnético sobre zonas aurorais e a medir protóns solares.[2]

24 horas despois do lanzamento o sistema de mando do satélite empezou a experimentar problemas intermitentes que duraron toda a misión. A gravadora de cinta fallou o 8 de decembro de 1969. Antes do fallo, o equipo do proxecto estimou que se recollera entre o 85% e o 90% dos datos esperados ó inicio da misión. A telemetría do satélite fallou totalmente a principios de xullo de 1970, dando fin á misión.[2]

InstrumentaciónEditar

Azur levaba sete instrumentos a bordo:[4]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AZUR (GRS A)" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "Azur" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  3. "Letter dated 17 April 1970 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (70-10824). 11 de maio de 1970. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Azur (GRS 1)" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  5. "PROGRESS WITH AZUR" (PDF). FLIGHT International: 646. 17 de abril de 1969. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  6. Mark Wade (2011). "AZUR" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011.