Electrón-volt
unidade de enerxía
Un electrón-volt [1] ou electronvolt [2][3][4][5] (símbolo: eV) é unha unidade de enerxía, equivalente á enerxía cinética que adquire un electrón simple non ligado, ao percorrer un campo electrostático cunha diferenza de potencial dun volt.
É unha unidade aceptada polo SI (Sistema Internacional de unidades), mais que non pertence a el. Debido a que o electrón-volt é unha unidade moi pequena, úsanse con frecuencia múltiplos como o Megaelectrón-volt (MeV) ou o Xigaelectrón-volt (GeV).
- 1 eV = 1.602 176 53 (14) × 10−19 J.
Unidades derivadas cobren diferentes campos, dende a masa (pola equivalencia masa-enerxía), á temperatura.
Notas
editar- ↑ Fernández Sabín, R. (1991): Vocabulario da electricidade e a electrónica Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Política Lingüística
- ↑ Guitián Rivera, X. (coord.) (2002): Vocabulario de química galego-español-inglés. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela-Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
- ↑ "electronvolt". TERGAL. Consultado o 11/06/2019.
- ↑ Vilalta López, Ramón; Juan José Guillín Fraga; Antonio Varela Caamaño. (2005): Dicionario de Física. A Coruña: Baía.
- ↑ González Rei, Begoña (2004): Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova.
Ver tamén
editar- MeV/c2, unidade de masa.