Joule
O joule (de símbolo J)[1] é a unidade de enerxía e traballo no SI, e é definida como 1 kg × m2 × s−2 = 1 N × m = 1 W × s. Toma o seu nome (pronunciado ['ʤul]) do físico James Prescott Joule.
Características
editarA unidade joule pode definirse como:
- a enerxía cinética (movemento) dun corpo cunha masa de dous quilogramos que se move a unha velocidade dun metro por segundo (m/s) no baleiro.
- o traballo necesario para mover unha carga eléctrica dun culombio a través dunha tensión (diferenza de potencial) dun voltio. É dicir, un voltio-columbio (V·C).
- o traballo necesario para producir un vatio (watt) de potencia durante un segundo. É dicir, un vatio-segundo (W·s).
Pode utilizarse para medir calor, a cal é enerxía cinética (movemento en forma de vibracións) a escala atómica e molecular dun corpo.
Un joule é o traballo necesario para exercer a forza dun newton durante unha distancia dun metro. Esa mesma cantidade podería ser dita coma un newton metro. Porén, para evitarmos confusión, o newton metro é normalmente usado coma unidade de medida de torque, e non para enerxía. Outro exemplo do que é un joule sería o traballo necesario para levantar unha masa de 102 g (unha pequena mazá) á altura dun metro, baixo a gravidade terrestre.
Un joule é tamén o traballo feito para producir enerxía dun watt por un segundo, como cando alguén leva un segundo para erguer a pequena mazá do exemplo a un metro baixo a gravidade terrestre.
1 joule é equivalente a:
- 0,000000278 quilovatios hora
- 0,239 calorías
- 1 W.s (watt segundo)
- 1 N.m (newton metro)
- 10 000 000 erguios
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para joule.