G

letra do alfabeto galego

O G (gue) é a sétima letra do alfabeto galego, e representa os fonemas oclusivo velar sonoro /g/ e aproximante velar sonoro /ɰ/, amais do fonema aspirado fricativo velar xordo /x/ existente en zonas con gheada.

Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

A Forza G é a forza centrífuga que experimenta un corpo que se despraza a grandes velocidades, así como ás forzas de aceleración e deceleración. É moi frecuente falar de forza G en aeronáutica e tamén en deportes como a Fórmula 1, onde os pilotos sofren continuas aceleracións e deceleracións ó largo da competencia.

O punto G é unha localización na vaxina que provoca intenso pracer ó ser estimulado.

En bioquímica G é a abreviatura da guanina, unha base dos ácidos nucleicos (ADN ou ARN).

Véxase tamén

editar

Entradas da enciclopedia que comezan por G


 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.