E

letra do alfabeto galego
Latin alphabet Ee.png
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

O E é a quinta letra do alfabeto galego, e representa os fonemas /e/ (vogal anterior media pechada) e /ɛ/ (vogal anterior media aberta).

HistoriaEditar

Pénsase que a letra das linguas semíticas representaba inicialmente unha oración ou figura humana chamada (hillul festejar), probablemente baseada nun xeroglífico exipcio similar que era pronunciado e utilizado en forma distinta. En semítico, a letra representaba /h/, e /e/ en palabras estranxeiras.

A letra fenicia , representaba máis ou menos o son /h/. Cando os gregos adoptaron o alfabeto fenicio, encontraron dificultades para pronunciar a primeira parte do carácter, e abandonárano conservando soamente o e, dándolle o nome de epsilon (ε). Co tempo simplificaron o seu deseño, virando os trazos horizontais para o lado dereito. Usouse co mesmo valor no alfabeto etrusco e no alfabeto latino.

O seu uso na lingua inglesa inclúe varios sons; así, como consecuencia do Great Vowel Shift representa /iː/ (a partir de /eː/ como en "me" ou "bee"), mentres que noutras palabras como "bed", a pronunciación é similar ao latín e outras linguas similares.

Xeroglífico exipcio
(veneración)
Proto-semítico
H
Fenicio
H
Grego
Epsilon
Etrusco
E
Romano
E
A28
         

UsoEditar

En galego úsase a letra e (/e/) como conxunción copulativa, proveniente do latín et. Amais, úsase a letra é (/ɛ/, con acento diacrítico) para a terceira persoa de singular do presente de indicativo do verbo ser.

É a letra máis frecuente na lingua galega, así como en castelán[1][2], checo[3], danés[3], neerlandés[3], inglés[4], francés[5], alemán,[6], húngaro[3] latín,[3], noruegués[3] e sueco.[3].

Representacións alternativasEditar

No alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Eco. No código Morse é · . Na notación musical anglosaxoa representa a nota o acorde de mi.

CódigosEditar

En Unicode a letra e ten o código U+0065, e E é U+0045. O código ASCII para e é 101, e para E é 69. En sistema binario úsase 01000101 para e e 01100101 para E. O código EBCDIC para e é 133, e para E é 197.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

NotasEditar

  1. Fletcher Pratt, Secret and Urgent: the Story of Codes and Ciphers. Blue Ribbon Books, 1939, pp. 254-255.
  2. "Frequency of Occurrence of Letters in Spanish". Santa Cruz Public Libraries. Arquivado dende o orixinal o 11-05-2008. Consultado o 25-06-2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Kelk, Brian. "Letter frequencies". 
  4. Lewand, Robert. "Relative Frequencies of Letters in General English Plain text". Cryptographical Mathematics. Central College. Arquivado dende o orixinal o 08-07-2008. Consultado o 25-06-2008. 
  5. "Frequency of Occurrence of Letters in French". Santa Cruz Public Libraries. Arquivado dende o orixinal o 12-03-2008. Consultado o 25-06-2008. 
  6. "Frequency of Occurrence of Letters in German". Santa Cruz Public Libraries. Arquivado dende o orixinal o 28-06-2012. Consultado o 25-06-2008.