Ñ

letra do alfabeto galego
Latin Ñ.png
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

O Ñ (eñe) é a décimo terceira letra do alfabeto galego, e representa o fonema nasal velar sonoro /ɲ/.

HistoriaEditar

 
O Ñ sitúase á dereita do L nos teclados Qwerty para español.

A letra ñ non ten equivalente no alfabeto romano. Nos primeiros textos en galego este son representábase coas grafías n, ni ou nn, e foi esta última forma a que se acabou impoñendo na súa forma abreviada, ñ [1]. Pola contra en Portugal desde 1265 impúxose nos documentos oficiais nh, de orixe occitana.

Nos mosteiros, e despois nas imprentas, había o costume de economizar letras para aforrar esforzo nas tarefas de copiado e colocación de caracteres; Así, a secuencia «nn» escribíase cun «n» moi pequeno denominado vírgula enriba dun «n» de tamaño normal: «ñ». O mesmo sucedeu en portugués e en galego medieval coa representación de vogais nasais como «an» e «ã».

A letra ñ forma parte do alfabeto en linguas como o castelán, asturiano, aimará, bubi, chamorro, guaraní, mapudungun, mixteco, quechua, tagalo, zapoteco, éuscaro, wolof. O inglés admite o ñ nalgúns préstamos do castelán como «cañon» (como forma arcaica[2], a común é «canyon»), «jalapeño», ou «El Niño»..

Outros usosEditar

No bretón emprégase para nasalizar a vogal precedente e non para representar o son /ɲ/, verbigracia a palabra Jañ pronúnciase /ʒã/.

Na escritura latina do tártaro de Crimea representa a consoante velar nasal /ŋ/ (igual son velar do galego "unha".) O mesmo sucede nalgunhas transcricións do quenya

En nauruano representa ao dígrafo "ng", aínda que actualmente a tendencia maioritaria é usar simplemente "ng".

Grafías equivalentes noutras linguasEditar

Noutras linguas o son /ɲ/ representase de formas diversas:

NotasEditar

  1. Ramón Mariño Paz, Historia da lingua galega. Sotelo Blanco, 1998, páxina 117-118.
  2. "Canon" Arquivado 28 de xullo de 2017 en Wayback Machine. lexico.com

Véxase taménEditar

Entradas da enciclopedia que comezan por Ñ


 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.