Lingua normanda
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
O normando[1] é unha lingua romance, unha das linguas d'Oïl, considerada tradicionalmente un dialecto do francés (pexorativamente denominado patois), que por iso recibe tamén o nome de francés normando. Fálase na rexión de Normandía, onde carece de status de oficialidade e tan só está recoñecida como lingua rexional; e nas Illas Anglonormandas, onde os dialectos se desenvolveron por separado do normando continental dende que Normandía deixou de pertencer á coroa inglesa no século XIII. Na actualidade, en xeral, o normando está máis presente nas áreas menos accesibles do antigo ducado de Normandía, as Illas Anglonormandas, a península do Cotentín e o Pays de Caux.
Normando Normand | ||
---|---|---|
Falado en: | Francia e Reino Unido | |
Rexións: | Normandía e as Illas do Canal | |
Total de falantes: | — | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Italo-occidental Galoibérica Galorrománica Oïl Normando | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | roa | |
![]() |
DialectosEditar
Normandía continental: Os dous principais dialectos son o normando propiamente dito e o normando meridional falado ó sur da liña Joret, unha isoglosa establecida por Charles Joret no século XIX, que ten solucións máis próximas ó mayennais e ó galó, actualmente o normando meridional está mesturado co francés rexional e os falantes moitas veces non poden distinguir as realizacións do normando e as do francés. No normando propiamente dito consérvanse relativamente ben o cotentinois na península de Cotentín e o cauchois no Pays de Caux, o augeron, do Pays de Auge, está case extinto. Dialectos das Illas Anglonormandas:
Influencia no inglésEditar
Logo da conquista de Inglaterra polos normandos (1066) o inglés viuse influenciado polo normando, palabras de orixe normanda no inglés:
Inglés | Normando | Francés |
---|---|---|
fashion | < faichon/féchon | = façon |
cabbage | < caboche | = chou (cf. caboche) |
castle | < câtel (antigo: castel) | = château, castelet |
cauldron | < caudron | = chaudron |
causeway | < cauchie | = chaussée |
catch | < cachi | = chasser |
cater | < acater | = acheter |
mug | < mogue/moque | = tasse, boc |
wicket | < viquet | = guichet (cf. piquet) |
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para normando.
Véxase taménEditar
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua normanda |