Illa de Jersey
Coordenadas: 49°11′24″N 2°6′36″O / 49.19000, -2.11000
A Illa de Jersey forma parte do arquipélago das Illas da Canle, é unha bailía (bailiwick en inglés) ou pequeno territorio británico na Canle da Mancha. Ten unha poboación de 84.082 persoas e a capital é Saint Helier. No ano 933, a illa foi tomada polo Ducado de Normandía no norte de Francia. Cando en 1066 os normandos invadiron Inglaterra, Normandía e Inglaterra foron unidas baixo unha monarquía. Durante a idade media, Inglaterra perdeu moitas das súas posesións feudais no continente europeo pero conservou os seus illas na Canle da Mancha, incluíndo Jersey.
Bailiwick of Jersei Bailliage de Jersei | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: Ma Normandie | |||
Capital • Poboación | Saint Helier 28.310 | ||
Cidade máis poboada | Saint Helier | ||
Lingua oficial | Inglés, francés (o jèrriais recoñecido como idioma rexional) | ||
Xefe de Estado
Primeiro Ministro | Isabel II
Tte.Xene. Andrew Ridgway Sir Philip Bailhache Senador Frank Walker | ||
Superficie | Posto 219º | ||
• Total | 116 km² | ||
• % auga | 0 | ||
• Total | 87.186 (2001) hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 167º | ||
• Total (2003) | 3.600 millóns de USD | ||
• per cápita | 40.000 USD (estimación de 2003) | ||
Moeda | Libra esterlina (?, GBP)1 | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | n/d | ||
Fuso horario | GMT | ||
• Horario de verán | UTC 1 | ||
Dominio de Internet | .je | ||
Prefixo telefónico | +44-1534 | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | n/d | ||
1Os Estados de Jersey emiten os seus propios billetes e moedas. Véxase libra de Jersey. | |||
Como a Guernsey e as outras illas da Canle da Mancha, a economía de Jersey baséase nos servizos financeiros, o turismo e a agricultura. Nos Estados Unidos de América, o estado de Nova Jersey tomou o seu nome da illa de Jersey.
Como nas demais illas da Canle da Mancha a poboación nativa ten como lingua nai o francés, máis exactamente un subdialecto do dialecto normando; deste xeito a poboación nativa adoita chamar á súa illa: Jèrriais (pronuncia aproximada: "yerié").
HistoriaEditar
Política e goberno de JerseyEditar
A lexislatura elixida da illa chámase Os Estados de Jersey. Hai dous partidos organizados, a Alianza Democrática de Jersey (Jersey Democratic Alliance) e o Partido do Centro (Jersey) (Centre Party of Jersey); pero agora todos os deputados dos Estados de Jersey son independentes.
O xefe de goberno é un administrador electo chamado Bailiff, e o xefe de estado é o Tenente Gobernador, que é designado por a Raíña. O actual Tenente Gobernador é Tenente Xeral Andrew Ridgway. Tamén hai un Xefe Ministro (Chief Minister), agora Frank Harrison Walker. Legalmente Jersey non forma parte integral do Reino Unido. Tradicionalmente a Raíña utiliza o titulo de Duque de Normandía en Jersey.
Jersey está dividido en "parishes" (parroquias); cada parish ten un condestable (inglés constable, francés connétable), elixido polos habitantes.
XeografíaEditar
EconomíaEditar
- Artigo principal: Economía de Jersey.